Por mor da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de Xuño, o alumnado do 1º dos CBs de Agroxardinaría e de Fabricación e Montaxe, fixeron unha visita á EDAR de Arins e ETAP do Tambre, acompañados do profesorado Luciano Rodríguez e Iria Ares. A actividade está enmarcada dentro do programa de Aulas de Emprendemento, coordinada por Yolanda C. Castro e coa colaboración de Marta Clemente Marginet. Xefa de planta de depuración e Diana Peleteiro, responsable de potabilización de VIAQUA (Santiago de Compostela).
O obxectivo foi concienciar sobre a importancia de garantir un bo estado das masas de agua e das infraestruturas, os retos e barreiras aos que se enfrontan os tratamentos para acadar unha calidade de agua óptima para os distintos usos e sistemas de rego, ademais de poder ver de primeira man os procesos de tratamento e identificar as características dos sistemas de tubaxes no proceso de depuración, mantemento e explotación.
Esta actuación inclúese no Plan de Modernización de la Formación Profesional e está enmarcada na compoñente 20 – Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.