O luns 11 de novembro, nas horas lectivas da tarde, celebramos un Magosto. A degustación de castañas e outros doces, xunto cos xogos populares e unha actividade do programa TEI na Biblioteca, centraron as actividades dunha xornada de diversión da comunidade educativa do Centro.
A celebración serviu tamén para entregar os premios aos concursos “Portas de Samaín” e “Doces de Outono”.
No “Concurso Portas de Samaín”, foron gañadoras as aulas de 1º ESO A na categoría do primeiro ciclo da ESO e a aula de 1º Ciclo Básico de Xardinaría e Composicións Florais, na categoría do segundo ciclo da ESO e ciclos básicos. O alumnado gañador ten como premio uns pinchos na cafetaría.
No “Concurso Doces de Outono”, o xurado, composto por membros da comunidade educativa, proclamou gañadora á alumna Luana Miguens de 2º ESO C, que recibiu un premio de 60€, xentileza da ANPA; tamén houbo un 2º premio para as alumnas de 4º ESO B, Uxía Bejo e Lía Rodríguez, que recibiron un premio de 40€, tamén xentileza da ANPA.
Parabéns a todos os participantes e, en especial, aos premiados!!!.