|
A profesora de portugués do IES de Valga, Olga López López, participou no programa de inmersión lingüística PIALE que consta de dúas fases:
Unha primeira : de integración, consistente na inmersión na vida escolar dun instituto de secundaria público: Josefa de Óbidos de Lisboa durante o mes de novembro pasado.
Na segunda fase do programa corresponde facer unha memoria, unha unidade didáctica con actividades . A UDI titúlase: “Lisboa coisa boa: Bora lá conhecer a cidade”. Aquí podes ver esta unidade.
Ao seu regreso ao noso Centro informou aos seus compañeiros e ao alumnado da súa experiencia a través desta presentación en portugués, que podes ver.
No Facebook do noso Centro e no xornal "La Voz de Galicia" do pasado sábado 30 de xaneiro aparece difundida a súa experiencia no PIALE. Neste enlace pódese ler as súas impresións. Ademais podes consultar as conclusións comparativas dos sistemas educativos portugués e galego neste documento.
|
A EXPERIENCIA DO ENSINO DO PORTUGUÉS NO IES DE VALGA DIVÚLGASE NAS II XORNADA GALEGA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS CELEBRADAS O PASADO 14 /03/2015 NO PAZO DE CONGRESOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PRESENTÁRONSE UNS VÍDEOS EN QUE TODO O ALUMNADO DE PORTUGUÉS DO CENTRO POR NIVEIS EXPLICA O QUE SUPÓN PARA ELES O PORTUGUÉS. Nestes enlaces podes ver os vídeos de 1º Bacharelato, 4º ESO e 3º ESO
A profesora Olga López López e o profesor de apoio nativo Nelio Nunes Carvallho , que tamén comparte os centros Félix Muriel de Rianxo e Xelmírez I de Santiago de Compostela deron unha charla sobre a experiencia no Ies de Valga co portugués como 2ª lingua estranxeira. Leva seis cursos consecutivos dende a súa implantación. Só son 33 en toda Galicia de momento. Pero prevese un aumento no futuro coa aprobación da Lei Paz Andrade no Parlamento galego a pasado 19 de febrero de 2014 na que se impulsa a proxección internacional do idioma galego a través do portugués. Lingua e cultura moi próximas para os galegos, idioma de traballo de 20 organizacións internacioanis, incluída a Unión Europea, lingua oficial en 9 países e no territorio Macau, en China, entre elas figuran potencias e economías emerxentes como Brasil, Angola… É a lingua máis falada no hemisferio sur. Ten 220 millóns de falantes. Hai dúas semanas o presidente da Xunta de Galicia e o seu homólogo portugués Cavaco Silva asinaron un acordo para implantar de forma progresiva o portugués nos institutos galegos e creouse unha plataforma para empresarios galegos que queiran emprender en países da lusofonía.
|
|
As alumnas e os alumnos que cursan Portugués como segunda lingua estranxeira no IES Valga pertencentes a 3º e 4º da ESO disfrutaron o pasado luns 26 marzo do contacontos portugués Carlos Marques. Baixo o título "Mala de contos" (Maleta de Contos), Marques conseguiu que os estudiantes,reunidos na Biblioteca do centro, seguiran perfectamente os seus relatos e botaran de paso unhas risas.
Para ampliar foto prema na imaxe
|