Skip to Content

Actividades

Espazo de tecnoloxía aplicada multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D

A Dirección Xeral de Formación Profesional concedeu ao noso centro dentro do programa de Espazos de Tecnoloxía Aplicada o proxecto  "Espazo multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D".

A dotación é de 55000€ e con elo vaise adquirir diverso material, pero sobre todo un robot colaborativo (cobot) e un simulador de soldadura robotizada. Poderanse simular soldaduras robotizadas dentro da aula con total seguridade podendo testar diferentes condicións e procesos de soldadura. Este tipo de soldadura se está implantando en moitas das empresas do metal.

Poderase proxectar nas pantallas interactivas a operación de soldadura que vai realizando o cobot operando o simulador de soldadura ou velas na careta de realidade virtual inmersiva.

O profesor poderá intercomunicarse cos alumnos que estean no  laboratorio mediante unha cámara e conexión de audio en streaming para ver como executa as operacións o cobot ou ver as tarefas que están realizando o alumnos dende a aula principal interactuando con eles.

Aula dotarase ademais con equipos informáticos, simuladores de soldadura/robots, pantalla táctil colaborativa de 75” e cámaras.

Ademais na aula teremos as zonas existentes de:

  • De impresión 3d: con dúas impresoras e escáner.
  • Ensaios e metroloxía: durómetro, forno, ensaios de soldadura, mármore de comprobación e aparatos de medición.
  • Automatismos: con neumática é autómatas.

Esta equipo dará moito valor engadido a formación do ciclo medio de soldadura e caldeirería e do superior de construcións metálicas.

Este proxecto se desenvolve dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

 

 

Alumnado de 1º e 2º do CM de SOCA asistiu a unha demostración de ferramenta eléctrica de man

Alumnado de 1º e 2º do CM de SOCA na demostración de ferramenta eléctrica de man por FEIN

O martes 28 a empresa FEIN en colaboración con Juan Rey S.L., desenvolveu unha demostración de ferramenta eléctrica de man.
A demostración foi realizada polo técnico Luis Marrube de FEIN. O alumnado probou trades magnéticos, cizallas e punzonadoras de chapa, atornilladoras e amoladoras. Tamén se probaron todo tipo de accesorios. Ao curso asistiu o alumnado de 1º e 2ºCM de Soldadura e Caldeirería.

Alumnado de 1º e 2º do CM de SOCA na demostración de ferramenta eléctrica de man por FEIN

Alumnado do Ciclo Básico de Soldadura e Caldeiraría visita a empresa LEMA

Alumnado do CB Soldadura e Caldeiraría na visita á empresa LEMA

O alumnado do 1º e 2º curso do Ciclo Básico de Soldadura e Caldeirería visitou o luns 15 de abril as instalacións da empresa LEMA, empresa dedicada entre outras facetas ao suministro de accesorios e fabricación de solucións para carpientería de aluminio. Na visita, guiada por persoal da empresa, o alumnado coñeceu as instalacións, os procesos de produción, a maquinaria e o produto acabado. O alumnado foi acompañado polos profesores David Bautista, Daniel Taboada e Luciano Rodríguez. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado do CB Soldadura e Caldeiraría na empresa LEMA

Alumnado de Ciclos de FM e de Física de 2º Bacharelato asisten a un obradoiro demostración por persoal da empresa BINARIAL

Alumnado de Fisica de 2º Bacharelato no obradoiro da empresa BINARIAL

O luns 4 de marzo, na Biblioteca, o alumnado de 2º curso do Ciclo Básico, do Ciclo Medio e de DUAL de Fabricación Mecánica xunto co alumnado de Física de 2º Bacharelato participou nun obradoiro demostración sobre Mecatrónica,a cargo de persoal da empresa innovadora de base tecnolóxica galega: BINARIAL. O alumnado puido coñecer máis sobre o deseño e fabricación de produtos ou sistemas intelixentes, facendo uso das diferentes ferramentas mecánicas, electrónicas ou informáticas. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado dos 2º curso Medio e Superior asisitiron a un curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º Ciclo Superios COME asisitiron no curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

O martes 20 a empresa Carburos Metálicos en colaboración son Soher S.L. desenvolveu un curso de 3 horas de “Procesos de soldeo baixo gases de protección en MIG/MAG e TIG” nas nosas instalacións. Neste curso práctico utilizáronse gases especiais para estes procesos en aceiro o carbono, aluminio e inoxidable.
O curso foi impartido polo técnico de Carburos Metálicos, Sergio Iglesias. Primeiro cunha introdución teórica e despois con aplicacións prácticas no taller soldando con diferentes procesos e gases. Ao curso asistiron os alumnos de 2ºCM de Soldadura e Caldeirería e 2º CS de Construcións Metálicas que realizaron soldaduras nos diferentes procesos.

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º Ciclo Superios COME asisitiron no curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º CicloCurso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Distribuir contido


by Dr. Radut