O pasado venres 24 de novembro dentro do acto que tivo lugar para lembrar o "Día Internacional contra a Violencia Machista", as profesoras Ana Castro e Paula Otero, en representación do Equipo de Igualdade e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, deron os premios ao IV CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. Todas as premiadas recibiron un vale para a cafetaría do noso centro ou para a librería Cativos Ademais as gañadoras leron os seus relatos polas aulas ao alumnado presente na cuarta hora lectiva do luns 27 de novembro.
Resultaron gañadoras deste concurso: Andrea Herrero Suárez de 1º ESO, Irene Monteagudo Castiñeiras e Xiana Bouzón Rey (accésit, 1º e 2º premio da categoría: 1º, 2º, 3º ESO e 1º Ciclo Básico); Adriana Galindo Tarrío, Lucía Abeledo Cordo e Ana Santiago Sanmiguel (accésit, 1º e 2º premio na categoría: 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, 2º Ciclo Básico, Ciclo Medio e Superior). Parabéns ás gañadoras!!!