Este curso 2021-2022 o IES de Valga participou no proxecto Fitofaladoiro, dentro dos programas Proxecta +. O proxecto comezouse no mes de outubro de 2021.
Os obxectivos principais era, como primeiro e máis importante, recoller o sabor popular sobre as especies vexetais máis comúns no noso concello. Cremos que en liñas xerais cumprimos, aínda que si que nos gustaría sinalar que esperabamos máis cantidade e diversidade de plantas.
O feito de traballar na clase temas transversais referidas á biodiversidade e o patrimonio cultural do concello fixo, efectivamente, que o alumando e as súas familias puxesen en valor o feito de coñecelo, e moitas veces, que se sentisen orgullosas de ter ese coñecemento adquirido xeración tras xeración. Ademais, como para obter a información o alumnado tivo que requirir a axuda das súas familias, nomeadamente dos seus avós e avoas, serviron de cadea de transmisión do saber etnográfico, do propio léxico e do saber popular, e estamos convencidas/os de que serviron tamén como reforzo das propias relacións entre alumando e familias.
Todo isto favoreceu que o alumnado e as súas familias puxesen en valor a lingua galega, maioritaria no noso concello. É verdade que aínda que sexa maioritaria sufre moita veces un desprestixio inherente e moi profundo na xente que a fala, sobre todo nos máis maiores; porén, actividades como as que realizamos axudan a normalizar o uso da nosa lingua mesmo nos ámbitos científicos, e a recoñecer as variantes léxicas e dialectais non coma un defecto senón coma un valor e un enriquecemento en si mesmo.
Para finalizar temos que dicir que estamos un chisco decepcionad@s por non poder desenvolver completamente o obxectivo de dar a coñecer os resultados do noso proxecto tal como quixeramos. É verdade que no ámbito do centro si que se puido facer, ao termos realizado unha exposición con varias plantas coa súa correspondente ficha na Biblioteca, pero gustaríanos poder ter realizado outra no auditorio de Valga e ademais poder dar a coñecer o proxecto nas RRSS e en internet. Agardamos, porén, poder facelo a principio do curso 2022-23.
Proxecto dinamización
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »