Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º e 2º do Ciclo Básico e 1º de Ciclo Medio de Agroxardinaría asistiu a unha demostración de maquinaría

Alunado dos Ciclos Formativos de Agroxardinaría na demostración de maquinaria Avant

O venres 8 de novembro, a empresa Avant desenvolveu unha demostración de maquinaría, da que é especialista, para o traballo nas áreas da xardinaría ou espazos forestais. Técnicos desta marca mostraron a oferta en maquinaria, así como ensinaron o funcionamento dalgunhas destas máquinas. Asistiron a esta demostrración alumnado dos curso de 1º e 2º do Ciclo Básico de Agroxardinaría, así como o de 1º do Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría DUAL.
A actividade foi organizada polo departamento de Agroxardinaría.

Alumnado dos Ciclos Formativos de Agroxardinaría na demostración de maquinaria Avant

AULAS DE EMPRENDEMENTO: alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral"

AULAS DE EMPRENDEMENTO: alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral"

Para rematar as actividades do programa Aulas de Emprendemento, o alumnado de 1º e 2º do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral", o martes 18 de xuño no noso centro.
O obxectivo do mesmo foi mellorar as súas habilidades profesionais, coa elaboración de composicións florais de nova tendencia con flores naturais e valorar a importancia de mellorar competencias como a iniciativa individual, a creatividade, motivación e o traballo en equipo, factores clave do perfil emprendedor.
Comentar que o resultado do seu traballo decorará o noso centro e os actos de graduación de Bacharelato e Ciclos Formativos deste curso, no que o grupo de 2º participará.
A persoa encargada de impartilo foi Miriam Iglesias Mondragón, florista especializada da empresa O forno Garden, empresa da nosa contorna e colaboradora na FCT do noso alumnado.
Esta actuación inclúese no Plan de Modernización de la Formación Profesional e está enmarcada na compoñente 20 –Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

AULAS DE EMPRENDEMENTO: produto final do "Obradoiro de Arte Floral"

Alumnas do 2º curso do CB de Agroxardinaría visitou a cidade portuguesa de Coimbra

              Alumnas de 2º CB Agroxardinaría en Coimbra

As alumnas do 2º curso do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizaron os días 12 e 13  de abril unha viaxe cultural a Coimbra. Nesta saída puideron coñecer o Museo de Ciencias Naturais e os Xardíns da Universidade, xunto a outros espazos emblemáticos desta cidade portuguesa como a súa Catedral. Foron acompañadas polas profesoras Iria Villar e Loli Rego.

               Alumnas de 2º CB Agroxardinaría en Coimbra

Alumnado do CB de Agroxardinaría realizou prácticas no CPI O Progreso de Catoira

Alumnado do CB Agroxardinaría realizando prácticas no CPI O Progreso de Catoira

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais desprazouse na mañá do luns 5 de febreiro ao CPI O Progreso de Catoira para realizar unha serie de prácticas e, ademais colaborar co centro educativo catoirense. As alumnas e alumnos realizaron labores de mantemento de xardíns, poda ornamental de camelias, así como mantemento de zonas de xardín comestible. O alumnado foi acompañado polo seu profesorado Iria Villar e Xabier Loureiro.

Alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría realizando prácticas e colaborando co CPI O Progreso de Catoira

Alumnado de 2º do CB de Agroxardinaría realiza novos traballos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

Alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais creando socalcos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

O alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizou novos traballos no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"". Entre as tarefas realizadas estivo a creación de socalcos para o encontro do ribazo do xardín e, o camiño de entrada á pista cuberta. Estes socalcos vanse a preparar con diferentes plantas de tempada e algunha definitiva. Adenais, nivelouse o terreo, colocáronse as vigas de madeira cunha pendente determinada, seguindo a liña natural do terreo, realizouse o careado das mesmas e, a colocación de estacas de ferro corrugado, preparadas polo alumnado de Fabricación Mecánica.

Traballos do alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría no "Xardín IES Plurilingüe de Valga"

Distribuir contido


by Dr. Radut