Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º do CB de Agroxardinaría expón composicións florais

Exposición do alumnado do 2º curso do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais

O alumnado do 2º curso de Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións florais estiveron estas últimas semanas practicando as composicións florais e a presentación das mesmas. Na fotografía están os resultados, sempre tendo en conta a reutilización de materiais. O alumnado conseguiu realizar estes fermosos traballos que pasarán a formar parte de diversos recunchos do IES Plurilingüe de Valga. #edusostibilidade #. Mentres tanto, esta exposición pode ollarse na entrada ao corredor da planta baixa.

Alumnado do 2º curso do CB Agroxardinaría elaborando a exposición de composicións florais

Alumnado do 2º curso do CB Agroxardinaría elaborando a exposición de composicións florais

Alumnado do GB de Agroxardinaría visitou o concurso de xardíns en Allariz

Alumnado do Grao Básico Agroxardinaría no Festival de Xardíns de Allariz

 O alumnado do 1º e 2º curso do Grao Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizou unha saída didáctica, o pasado 11 de outubro, á Exposición Internacional de Xardíns en Allariz. Nesta visita, puideron contemplar a XIII edición desta exposición que co tema central  “A volta ao mundo en once xardíns” presenta doce xardíns efémeros, que  foron valorados tanto polo alumnado como polo profesorado. Foron acompañados polo profesorado Iria Villar e Xabier Loureiro. A actividade foi organizada polo departamento de Agroxardinaría e Composicións Florais.

Alumnado do Grao Básico Agroxardinaría no Festival de Xardíns de Allariz

Alumnado de 1º CB de Agroxardinaría visitou o Aquarium Finisterrae en A Coruña

Alumnado 1º CB Agroxardinaría no Aquarium Finisterrae

O alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións florais visitou na mañá do xoves 20 de abril o Aquarium Finisterrae en A Coruña. Neste museo puido coñecer diversos aspectos do mundo mariño. O alumnado estivo acompañado polas profesoras Fani Calderón e Loli Rego, A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co de Agroxardinaría e Composicións florais.

Alumnado de 1º CB Agroxardinaría no Aquarium Finisterrae

O alumnado do CB de Agroxardinaría colaborará co CSIC e o Concello para coñecer a efectividade do compost

Convenio do CB Agroxardinaría co CSIC

O alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións florais colaborará na elaboración dus estudo sobre a potencialidade agrícola do abono natural que se produce en Valga a través do sistema de compostaxe, tanto comunitario como doméstico. Este estudo faise a través dun acordo de colaboración entre o Concello e a Misión Biolóxica de Galicia, centro adscrito á área de Ciencias Agrarias do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Os ensaios faranse durante este ano e o 2024. Máis información picando neste enlace.

 

Alumnado de 1º do CB de Agroxardinaría e de CTMA de 2º de Bacharelato visitou a Base aérea helitransportada de Campiño, Pontevedra

Visita helimer alumnado CB Agroxardinería 2º Bacharelato CTMA

O alumnado de 1º do CB Básico de Agroxardinaría e Composicións florais e de Ciencias da Terra e medioambientais de 2º de Bacharelato visitaron o xoves 6 de outubro a Base aérea helitransportada de Campiño, en Pontevedra. Recibiron información sobre o traballo que desenvolve o persoal da brigada encargada da prevención e extinción de incendios forestais e tamén sobre o funcionamento do helicóptero e as ferramentas utilizadas. Estiveron acompañados polas profesoras Lara García, Estefanía Calderón e Loli Rego.

Distribuir contido


by Dr. Radut