Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación

Alumnado de 1º ESO participou nas charlas sobre "Prevención de Condutas Aditivas"

Alumnado 1º ESO A na charla sobre prevención de condutas aditivas

O alumnado de 1º ESO participou, os luns 6 e 13 de maio, nas charlas:"intelixencia emocional e convivencia" e "resolución de conflitos". Esta formación foi impartida por Carmen Sotelo e Ana Mosconi, técnicas da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do concello de Valga. O obxectivo destas intervencións céntranse en potenciar os factores de protección fronte ao consumo, ademais de habilidades personais tales como o autocoñecemento, a autoestima ou as capacidades sociais, sen esquecer as emocións e a resolución de conflitos. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.
Alumnado 1º ESO B na charla sobre prevención de condutas aditivas

Alumnado de 3º e 4º ESO participou nas charlas do programa 'Que non te líen, ti elixes'

Alumnado de 4º ESO na charla do programa 'Que non te líen, ti elixes'

O martes 23 de abril e en dúas sesións lectivas, o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a sendas charlas do programa educativo "Que non te líen, ti elixes", impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade. As sesións foron impartidas por Ana Oróns xerente de Fearmaga (Federación de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia) acompañada de Ana Busto, adxunta de dirección da firma e cuarta xeración de Serrerías Rodríguez, empresa asentada en Valga.

Estas dúas representantes femininas do sector forestal compartiron as súas experiencias laborais. Ademais o alumnado reflexionou sobre a importancia de elixir unha profesión dende unha perspectiva libre de prexuízos sexistas e de estereotipos de xénero, así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado de 4º ESO na charla do programa 'Que non te líen, ti elixes'

Alumnado de 3º, 4º ESO e 2º CB Agroxardinaría en InnovArt'24

Alumnado de 3º, 4º ESO e 2º CB Agroxardinaría en InnovArt'24

O venres 19 de abril, o alumnado de 3º e 4º ESO xunto co do 2º curso do CB de Agroxardinaría visitou InnovArt'24 na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Este evento aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. Alí puideron coñecer a través de exhibicións, obradoiros, material expositivo e actividades interactivas o mundo da arte dramática, das artes plásticas e deseño, da conservación e restauración de bens culturais, da danza, das ensinanzas deportivas, dos idiomas e da música. Foron acompañados polas profesoras: Esther de Andrés, Paula Rey, Mar Tejero e Nieves Gómez. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

Alumnado de 3º, 4º ESO e 2º CB Agroxardinaría en InnovArt'24

Alumnado de 4º ESO e do 2º Curso dos Ciclos Básicos asisten á charla "Saídas profesionais na Garda Civil”

Alumnado 4º ESO e 2º Ciclos Básicos na charla “Saídas profesionais na Garda Civil”

O luns 15 de abril, alumnado de 4º de ESO e do 2º curso dos Ciclos Básicos de Soldadura e Caldeiraría e Agroxardinaría asistiu a unha charla impartida por persoal da Garda Civil. Co título: “Saídas profesionais na Garda Civil”, a actividade tiña como obxectivo que o alumnado coñecera as saídas académicas e profesionais, así como as diferentes opcións onde poder desenvolver a súa carreira profesional dentro deste corpo de seguridade do estado español. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado 4º ESO e 2º Ciclos Básicos na charla “Saídas profesionais na Garda Civil”

Distribuir contido


by Dr. Radut