Skip to Content

Orientación

Alumnado de 1º e 2º ESO participou na charla “A diversidade afectivo-sexual” da Asociación Nós Mesmas

Alumnado de 1º ESO na charla “A diversidade afectivo-sexual” pola Asociación Nós Mesmas

Alumnado do 1º ciclo da ESO participou durante unha sesión lectiva do martes 2 e o xoves 4 de abril na actividade: “A diversidade afectivo-sexual”, unha charla impartida por Rober e Alba, persoal da Asociación Nós Mesmas. Esta organización feminista ten como obxectivo contribuír á construción de vías alternativas de pensamento para erradicar a discriminación que segue existindo contras o colectivo LGTBI, e sobre todo, as mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais na Galiza e no mundo. Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado de 2º ESO na charla “A diversidade afectivo-sexual” pola Asociación Nós Mesmas

Alumnado de Bacharelato no Campus da UVigo

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato no Campus Universitario de Pontevedra

O martes 27 de febreiro, alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizou unha visita ás facultades do Campus universitarios da Universidade de Vigo en Pontevedra e Vigo para recibir información directa dos estudos que organizan. Esta actividade enmárcase no programa "Ven a UVigo". Durante tres horas visitaron as facultades relacionadas cos ámbitos: humanístico, educación, ciencias sociais, ciencias da saúde, xurídico-empresarial, tecnolóxico e científico. Foron acompañados polo profesorado Begoña Lesende, Fran Godón, Ismael Cabaleiro, Lucía Gómez, Ana Castro, Ana Bueno e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

                     Alumnado de 1º e 2º Bacharelato no Campus Universitario de Vigo

Alumnado de 2º ESO asiste ao Obradoiro: Violencia de xénero e o novo contexto dixital

Alumnado de 2º ESO no Obradoiro: Violencia de xénero e o novo contexto dixital

O alumnado de 2º ESO participou no Obradoiro: "Violencia de xénero e o novo contexto dixital", o luns 11 de decembro en Audiovisuais. Esta actividade ten como obxecto promover no alumnado bos hábitos no uso das novas tecnoloxías e a prevención da violencia de xénero, sexa cal sexa o seu escenario. Ademais tiveron a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes manifestacións de violencia nese contexto: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión ou ciberbullying, así como os riscos que implica o sexting.
Este obradoiro foi impartido por June Pereiro de Pantallas Amigas e está inserto no marco do Plan "Por 365 días de respecto e igualdade" organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

A actividade foi organizada polo departamento de Orientación e o Equipo de igualdade.

Alumnado de 2º ESO no Obradoiro: Violencia de xénero e o novo contexto dixital

Alumnado de 1º dos Ciclos Básicos e de 3º ESO asisten a un Obradoiro de Educación afectivo - sexual, Quérote +

Alumnado 3º ESO no Obradoiro de Educación afectivo-sexual, Quérote +

        O alumnado de 1º dos Ciclos Básicos de Soldadura e Caldeiraría e de Agroxardinaría e o de 3º ESO participou o luns 4 de decembro nun Obradoiro de Educación afectivo-sexual impartido por unha psicóloga dos centros Quérote + (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), dentro dos programas de política social da área de Xuventude da Xunta de Galicia, para o alumnado de 1º FP Básica e 3º ESO.
A través deste obradoiro preténdese: transmitir a concepción da sexualidade dun xeito plural, de respectar á diversidade; promover o respecto á diversidade, o dereito á diferencia sexual, o respecto polos sexos e a valoración positiva dos mesmos; apoiar e asesorar na resolución das dificultades no eido da sexualidade que actualmente inciden na sociedade e promover as habilidades que fomenten a convivencia entre os sexos.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación coa colaboración da Vicedirección.

Alumnado de 3º ESO no Obradoiro de Educación afectivo-sexual

Alumnado de 1º e 2º ESO asiste a unha charla sobre uso de internet e as redes sociais

Alumnado 1º ESO na charla sobre "Riscos nas TIC"

O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu, en dúas sesións lectivas e na aula de Audivisuais, a unha charla sobre internet e redes sociais. A charla, titulada "Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais", está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Durante unha hora, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado como evitar situacións de risco persoal relacionadas co uso de internet e as redes sociais, sobre todo no caso de compartir fotos e vídeos. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut