Comezou no noso Centro a "Semana de Orientación" cunha xornada de portas abertas e unha charla sobre auotemprego. Despois do acto de apertura na Biblioteca, alumnado do CPI de Catoira, do CPI de Pontecesures e do IES Macías O Namorado percorreu as instalacións do noso Centro. Posteriormente, nas dúas últimas horas da mañá, tivo lugar unha charla titulada "O autoemprego: unha alternativa laboral" a cargo de Santiago Resua Nine, fundador da empresa IRONOR Metalurgia, SL Este empresario e exalumno do noso Centro explicou ao alumnado de 4º ESO, 2º Bacharelato e Ciclos a súa experiencia na creación dunha empresa partindo dos seus inicios como traballador por conta allea.
|
|
|
|
O Departamento de Orientación do noso Centro organiza, do 11 ao 14 de febreiro, a "Semana de Orientación". Picando aquí podes ver o programa de actividades onde participarán alumnado de diferentes niveis e estudos do IES Valga, así como doutros centros. |
|
|
|
O pasado martes, 6 de febreiro e dentro da " Semana de Orientación", tivo lugar unha Mesa de Emprego para alumnado de Ciclos e FP Básica. Participaron como poñentes o orientador laboral do Concello, Juan Ramón Angueira e o presidente de Extrugasa e da asociación de empresarios dos vales Ulla e Umia, Andrés Quintá.
|
|
|
|
Comezou no noso Centro a "Semana de Orientación" coa presentación dunha semana de actividades e cunha xornada de portas abertas.
|
O Departamento de Orientación do noso Centro organiza, do 5 ao 8 de febreiro, a "Semana de Orientación". Picando aquí podes ver o programa de actividades onde participarán alumnado de diferentes niveis e estudos do IES Valga, así como doutros centros. |
|
|
|