Skip to Content

Igualdade

Contidos sobre Igualdade

Conmemoramos o 8-M “Día Internacional da Muller”

Mosaico "As nosas referentes" 8-M 2024

Na segunda hora lectiva do venres 8 de marzo e no corredor da planta baixa, conmemoramos o 8-M, “Día Internacional da Muller”. A lectura de poemas así como dunha selección de referentes femininos, cuxos textos foron pegados no  mosaico de “As nosas referentes”, centraron o acto, que se completou coa actuación do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato que acompañaron ao Coro do noso centro, interpretando “Matriarcas” e “Nais e avoas”. Ademais o acto serviu para que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregara os premios ao concurso de VideopoemasEnfocando a Rosalía”: os gañadores foron Raúl Ferreira de 3º ESO na 1ª categoría e Martina Miguéns e Carla Herrero de 1º Bacharelato na 2ª categoría. O acto contou, nas lecturas, coa participación de alumnado de 2º ESO, 1º Bacharelato e 2º do Ciclo Básico de SOCA. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade coa colaboración do departamento de Música e Vicedirección.

Asistentes acto 8-M 2024

 

Participantes nas lecturas do acto 8-M 2024

 

1º premio 2ª categoría Videopoemas Día de Rosalía 2024: Martina e Carla 1º Bacharelato

O alumnado de 3º ESO asistiu á charla “A violencia machista na relación de parella na mocidade”

O alumnado de 3º ESO asistiu á charla “A violencia machista na relación de parella na mocidade”

O alumnado de 3º ESO asistiu en Audiovisuais, o luns 29 de xaneiro, a unha sesión formativa sobre prevención da violencia de xénero nas relacións de parella na adolescencia. A charla “A violencia machista na relación de parella na mocidade” foi impartida por M.ª Ángelica Mercado Torres, mestra especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está incluída no Programa  #365 días de respecto e igualdade incluído no Plan Proxecta+ 2023/24 da Secretaría Xeral da Igualdade, e foi organizada polo Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación.

O alumnado de 3º ESO asistiu á charla “A violencia machista na relación de parella na mocidade”

Exposición: "Á violencia de xénero dille non" no corredor da planta baixa

Exposición: Á violencia de xénero dille non

Estas semanas temos no centro a exposición: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO...DILLE NON!", situada no corredor da planta baixa, e pode ollarse ata o vindeiro 2 de febreiro. Está incluída dentro das actividades do Proxecta+ #Por365díasderespectoeigualdade. É unha exposición gráfica ilustrada da Secretaría Xeral da Igualdade, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.
Tamén na rede: http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non
É unha actividade iniciativa do  Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación e Vicedirección.

Exposición: Á violencia de xénero dille non

Alumnado de 4º ESO participa nun obradoiro sobre a prevención da violencia de xénero

Joshua Alonso impartindo o obradoiro de prevención da violencia de xénero ao alumnado de 4º ESO

O alumnado de 4º ESO asistiu na mañá do xoves 25 de xaneiro, en Audivisuais, a un Obradoiro sobre prevención da violencia de xénero. Esta actividade foi impartida por Joshua Alonso, membro da Dirección de Proxectos Educativos XéneroEduca do Grupo Koremi. Xénero educa propón proxectos educativos intervencionistas cos que pretende previr a violencia de xénero. Ao longo do obradoiro o alumnado puido saber ver, saber identificar, para que poidan reaccionar ante esta lacra social. A actividade enmarcada no Proxecta+ #Por365díasderespectoeigualdade, foi organizada polo Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación e Vicedirección.

Alumnado de 4º ESO no Obradoiro Xénero Educa impartido por Joshua Alonso

 

Obradoiro: Xénero Educa Dinámicas para o alumnado de 4º ESO

                     Obradoiro: Xénero Educa Dinámicas

Distribuir contido


by Dr. Radut