Non lle fixo falta percorrer o deserto dos tártaros, nin tampouco escalar o Annapurna, nin tan sequera sacar o po a vellos manuscritos das bibliotecas máis afamadas da cristiandade ou liberar opúsculos agachados nalgún mosteiro da nosa Galicia, non, nada diso, a SARA CASTAÑO BARREIRO, alumna de 2º de bacharelato, bastoulle ir coa cabeza despexada, co bolígrafo en man e percorrer de cabo a rabo, con idas e voltas innumerables, a vida e a obra das Mulleres Filósofas, expostas no vestíbulo de entrada do noso instituto, para resolver o encrucillado xigante, tema do concurso. Alí estaba todo e as Mulleres Filósofas non puxeron resistencia algunha a seren investigadas por tan ilustre alumna, máis ben o contrario. Grazas filósofas!.
Na foto achegada sorrí a gañadora satisfeita e orgullosa despois da recollida do agasallo: alimento para o espíritu (un lote de libros) e para o corpo ( un apetitoso menú preparado por Rosa na cafatería do instituto). Parabéns para a gañadora!!!
Lembrar que o venres 22 de marzo as Mulleres Filósofas despediranse do noso centro, onde tan boa acollida tiveron, na procura de novos retos e novos horizontes. Ogallá houbera territorios tan plácidos para filosofar por eses mundos de dios como este do IES de Valga.
Víctor González Zúñiga. Departamento de Filosofía