Alumnado de 3º, 4º ESO, 1º Bacharelato e dos Ciclos Básicos de Agroxardinaría e Soldadura e Caldeíraría asistiron, o mércores 29 de novembro e no Auditorio Municipal de Valga, ao espectáculo teatral “Golpes”, unha actividade para a prevención da violencia de xénero integrada na programación do 25-N organizada polo Equipo de Igualdade. A actriz Estíbaliz Veiga puxo en escena un relato da compañía aAntena, amosando a dor que causa a lacra social da violencia machista.