Skip to Content

Conmemoramos o 8 de marzo: Día Internacional da Muller

Mural realizado polo equipo de Igualdade de Ciclos

Hoxe 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller con varias actividades deseñadas polo Equipo de Igualdade coa colaboración da Biblioteca, os departamentos de Música, Educación Plástica, Polos Creativos e Vicedirección:
- A través da actividade "Costura Competencial", o alumnado de Proxecto Competencial aprende o manexo dunha máquina de coser de Polos Creativos.
- Con "Música para a igualdade" nas aulas houbo enlaces a cancións cuxa temática encaixa co día a conmemorar.
- A través de "Poemas de igualdade",  o equipo de Biblioteca recomenda a lectura de 8 poemas.
- O alumnado do centro (ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos) participou, entre o martes 7 e o mércores 8, na aula de Plástica, nun obradoiro de chapas co logotipo gañador do concurso "Danos a chapa", utilizando a máquina de Polos Creativos.

Obradoiro de chapas 8M 23

Obradoiro de chapas 8M 23

Obradoiro de chapas 8M 23

 



page | by Dr. Radut