Skip to Content

Clubes de lectura

Nova sesión do Club de lectura de adultos, foi o xoves 24 de outubro

Sesión do Club de lectura de adultos, 24/10/24

 Na tarde do xoves 24 de outubro, tivo lugar unha nova sesión do Club de lectura de adultos do noso centro, para conversar sobre o libro "Pel de cordeiro", da escritora galega,  premio nacional de literatura infantil e xuvenil, Ledicia Costas.

 

Sesión inaugural do Club de lectura de adultos

Sesión inaugural do Club de adultos curso 2024/25

O pasado mércores 25 de setembro tivo lugar, na Biblioteca, a xuntanza inaugural do curso 2024/25 do Club de lectura de adultos "Veigas de Campaña". Foi un interesante e ameno encontro dos asistentes para charlar arredor do libro "Tenemos que hablar de Kevin" da escritora e xornalista estadounidense Lionel Shriver, unha obra coa que gañou o Premio de Ficción Feminina en 2005, un dos premios literarios máis prestixiosos do Reino Unido, e novela que foi levada ao cine seis anos máis tarde.

Clausura do Club de Lectura de adultos 2023-2024 coa escritora María Rei Vilas

Clausura do Club de adultos 23/24 coa escritora María Rei Vilas

O Club de lectura de adultos clausurou as súas actividades do curso 2023/2024 coa presenza da escritora María Rei Vilas para conversar, cos asistentes a esta sesión, sobre o seu libro "Flores de Ferro".

"O xoves seis visitounos María Rei Vilas. O libro que viña a presentar e comentar "Flores de Ferro" é unha ledicia  e a súa presencia no IES de Valga, ao abeiro do Club de Lectura `Veigas de Campaña´, engrandeceu a lectura. Semella unha obra histórica, e ten historia, o percorrido pola Segunda República en Galicia e a posguerra, pero a trascende, porque nas súas páxinas parece que o tempo se detivo, decríbense os anos corenta e é como se agora estivemos aínda naquel padecer, non no sentido material, claro, senón espiritual. O espírito da obra é actual, ou non é actual o fascismo, e os mortos que aínda seguen nas cunetas, por iso é unha obra necesaria, ademais, claro, dos valores estéticos que alberga. É unha obra fermosa, ben levada, con ritmo, unha obra que te leva da man, como se ti estiveras tamén vivíndoa; as personalidades están ben trazadas, lle colles cariño a os personaxes cando os coñeces, cando a autora chos vai presentando, seres tenros, sensibles, e tamén duros, con forza. Hai de todo na novela, incluso unha receta para limpar as manchas no mármore. Unha tarde estupenda a que pasamos, a última do curso. Bo verán para tod@s."

A escritoria María Rei Vilas visita o Club de lectura de adultos o xoves 6 de xuño

                                          María Rei Vilas visita o Club de lectura de adultos

"O Club de lectura do IESP de Valga "Veigas de Campaña" vai acoller a visita de Maria Rei Vilas. Vai ser o xoves 6 de xuño as cinco da tarde na Biblioteca do IESP que, unha vez máis vístese coas mellores galas. Hai motivos. Tampouco imos caer no tópico dicindo o magnífica que é a obra, do necesaria que é a súa lectura e todos eses lugares comúns que se adoitan utilizar, non, máis ben imos dicir o oposto, si, pois é unha obra que non debe lela quen queira permanecer na ignorancia da recente historia de España e de Galicia, non, non debe lela quen pense que a posguerra civil non houbo miseria e represión, non, non debe lela quen pense que os corenta anos de ditadura foron corenta anos de paz, non, non debe lela quen pense que o machismo é cousa do pasado, non debe lela, en fin, os que non amen a beleza dun texto ben escrito e prefiran seguir coa cabeza agachada na arrogancia de pensar que xa o saben todo. Saúde"

O Club de Lectura de adultos tivo unha nova xuntanza na Biblioteca

Asistentes ao Club de lectura de adultos

O Club de lectura de adultos "Veigas de Campaña" tivo, na tarde do mércores 24 de abril, unha nova xuntanza. Foi unha amena sesión para conversar arredor do libro de John Williams, "Stoner".

Distribuir contido


by Dr. Radut