Skip to Content

Clubes de lectura

O vindeiro 21 de marzo celebrarase un encontro co hispanista e académico inglés John Rutherford na Biblioteca do IES de Valga

O vindeiro mércores 21 de marzo ás 16:30 horas celébrase un Encontro co hispanista inglés e Académico da Real Academia Galega, John Rutherford na Biblioteca do IES de  Valga  coa Retranca galega como fondo.

Para ampliar foto prema na imaxe

Para ver a información completa prema Leer máis

Encontro co escritor Anxo Angueira na Biblioteca do IES de Valga

"Hai que escribir moito na cabeza antes de escribir unha novela" asegura Anxo Angueira

"Escribir unha novela non é sentarse e xa está. Previamente hai que documentarse e escribir na cabeza moito tempo", asegurou esta tarde(Xoves 15 de marzo) o escritor Anxo Angueira durante a súa visita ao Clube de Lectura do IES Valga. Nais, alumnas e profesores acudiron ao encontro co escritor para analizar a obra que recibiu o Premio Xerais no ano 1999, "Pensa Nao".

 Para ampliar foto prema na imaxe

Para ver a información completa prema Leer máis

O Clube de Lectura do IES de Valga celebrará o 15 de marzo un Encontro co escritor Anxo Angueira sobre a sua obra "Pensa nao"

O Clube de Lectura do IES de Valga organiza para o Xoves dia 15 de marzo un encontro co escritor Anxo Angueira entorno a sua obra "Pensa Nao"na Biblioteca do Instituto. Natural de Manselle- Dodro é doutro en Filoloxía Galega e profesor de instituto e no ensino universitario. Ademais de  "Pensa Nao" ten publicado unha veintena de obras tanto de creación literaria como de investigación.

Para coñecer un pouco máis do perfil do  autor e da obra obxecto do encontro prema Leer máis ou abra o ficheiro adxunto

Para ampliar foto do cartel prema na imaxe

 

Acto de inauguración do "Clube de lectura" do curso 2011-2012

Acto de inauguración do curso:

CONVERSA COS POETAS BALDO RAMOS E RAÚL GÓMEZ PATO que terá lugar o xoves día 27 de outubro ás 17:30h na Biblioteca do centro.

 

Información completa preme na imaxe

O escritor Manuel Veiga acudiu ó Clube de Lectura


O Clube de Lectura de pais e nais do IES Valga continuou coa súa actividade durante o curso 2010-11. As sesións, que este ano se celebraron nas tardes dos xoves, resultan divertidas e relaxadas, así que animádevos a acudir! Na foto, unha das xuntanzas deste curso, na que participou o escritor vigués Manuel Veiga para falar do seu libro "Lois e Helena buscándose un día de tormenta". Os alumnos e alumnas teñen o seu propio clube de lectura que se reúne durante os recreos.

Distribuir contido


by Dr. Radut