O vindeiro xoves 30 de novembro, terá lugar unha nova xuntanza do Clube de Lectura de adultos do noso Centro. Será un encontro para conversar sobre a novela "A Candidata" e contaremos coa presenza do seu autor, Miguel Sande. Esperamos a vosa asistencia. |
|
|
|
|
Este xoves, 26 de outubro, a partir das 16:30 horas, comezan as actividades deste curso 2017-2018, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Esperamos a vosa presenza. |
|
|
O pasado xoves, 1 de xuño, estivo no noso Centro o escritor e crítico de cine e televisión, Miguel Anxo Fernández, o cal compartiu cos asistentes ao Clube de Lectura de adultos, e durante dúas horas, información, opinión e todos aqueles detalles menos coñecidos da súa obra "Blues para Moraima", último premio Blanco Amor de novela. |
|
|
|
Mañá xoves 1 de xuño, ás 16:30 horas, terá lugar a última xuntanza do actual curso do Clube de Lectura de adultos do noso Centro. Será un encontro para falar da novela "Blues para Moraima", e contaremos coa presencia do seu autor, Miguel Anxo Fernández. Esperamos a vosa asistencia. |
|
|
|
Na tarde do xoves 23 de marzo tivo lugar unha nova sesión do clube de lectura para adultos. Nesta ocasión, os asistentes tiveron ocasión de ter un encontro co escritor lugués Manuel Núñez Singala arredor da súa última novela "Camiños na auga", protagonizada por un neno albino procedente da África poscolonial en busca da súa liberdade. O autor disertou sobre a súa obra e respondeu ás preguntas das ávidas lectoras que pertencen a noso clube de lectura de adultos. |
|
|
|