O vindeiro xoves, 18 de outubro comezan as actividades deste curso 2018-2019, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Será a partir das 16:30 horas cando se manteña un encontro coa escritora Inma López Silva e a súa obra "Aqueles días en que eramos malas" e co feminismo como tema d ereferencia. Esperamos a vosa presenza. |
|
|
|
Os participantes no Clube de lectura de adultos da Biblioteca do noso Centro tiveron ocasión de coñecer de primeira man todos os aspectos da novela, gañadora do último premio Xerais de novela, "A arte de trobar", xa que contaron coa presenza do seu autor, Santiago Lopo. Foi na tarde do martes 27 de febreiro e tivo lugar na Bilioteca. |
|
|
|
Hoxe martes 27 de febreiro ás 16:30 horas, visitará o noso Centro o escritor Santiago Lopo. Será un encontro arredor da súa obra, gañadora do último premio Xerais, "A arte de trobar". Será no Clube de lectura para adultos da Biblioteca. Esperamos a vosa asistencia. |
|
|
|
O gañador do premio Xerais 2017, coa obra "A arte de trobar", principal premio anual da Literatura Galega, Santiago Lopo, visita a nosa comarca para ter un encontro coas súas lectoras e lectores no Clube de Lectura da Biblioteca do noso Centro. Será o martes 27 de febreiro ás 16:30 horas. O acto está aberto á participación de calquera persoa interesada.
Completaremos a xornada literaria cun encontro dun grupo de alumnado, ás 12:45 horas, con Belén Senín, unha exalumna do Centro, que recén comezados os seus estudos universitarios, vén de gañar un importante premio de poesía.
|
O pasado xoves, 30 de novembro, tivo lugar na Biblioteca do noso Centro, un encontro dos participantes no Clube de Lectura de adultos co escritor Miguel Sande, Foi unha interesante charla-coloquio arredor do seu libro "A Candidata". |
|
|
|