Skip to Content

Encontro co escritor Anxo Angueira na Biblioteca do IES de Valga

"Hai que escribir moito na cabeza antes de escribir unha novela" asegura Anxo Angueira

"Escribir unha novela non é sentarse e xa está. Previamente hai que documentarse e escribir na cabeza moito tempo", asegurou esta tarde(Xoves 15 de marzo) o escritor Anxo Angueira durante a súa visita ao Clube de Lectura do IES Valga. Nais, alumnas e profesores acudiron ao encontro co escritor para analizar a obra que recibiu o Premio Xerais no ano 1999, "Pensa Nao".

 Para ampliar foto prema na imaxe

Para ver a información completa prema Leer máis

Angueira, que naceu no concello coruñés de Dodro, afirmou que na súa novela quería falar "con amor e con orgullo da miña aldea, Manselle" e dixo que incluíu no libro "cousas persoais e íntimas, como fai todo escritor que escribe con paixón".

Este profesor de Lingua e Literatura no IES Meixoeiro de Vigo e docente na Facultade de Tradución da universidade viguesa dixo que a inspiración de "Pensa Nao" surxiu sobre todo dunhas cartas do seu tío e da súa avoa que lle deu a súa nai. "Ao ler ese tesouro que é a memoria da miña familia -explicou- díxenme a min mesmo `Ponte a escribir!¨.

O Clube de Lectura do IES Valga, coordinado polo profesor Miguel Fernández,  leva xa varios anos reuníndose mensualmente na biblioteca deste centro pontevedrés e conta coa participación de pais e nais, estudiantes e profesores. Xa ten recibido a visita de varios escritores e escritoras ao longo dos seus anos de existencia.

Enlaces relacionados na web:

O Clube de Lectura do IES de Valga celebrará o 15 de marzo un Encontro co escritor Anxo Angueira sobre a sua obra "Pensa nao"

Outras webs

CLUBE DE LECTURA (WEB DO CONCELLO)



page | by Dr. Radut