Perfil Biográfico Anxo Angueira Viturro (Manselle, Dodro 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor no ensino secundario e universitario. No ámbito da creación literaria ten as seguintes publicacións: Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (Xerais, 1996), Bágoas de facer illas (Xerais, 1997), Libro da Vertixe (1997), Pensa nao (Premio Xerais de Novela 1999), Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2002), A morte de A. (Xerais, 2003) e Fóra do sagrado (Xerais, 2007). No ámbito da investigación publicou De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras (Xerais, 1995), La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999), e estudos sobre diferentes autores, coma Curros Enríquez ou o poeta berciano Fernández Morales. Un lugar central neste ámbito ocúpano Rosalía de Castro, sobre a que publicou Rosalía de Castro. Antoloxía (Xerais, 2003) e Rosalía 21 (coord., Xerais / Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, 2009), e Méndez Ferrín, do que realizou Guía de Lectura de Con pólvora e magnolias (Xerais, 1992), as edicións críticas de Poesía enteira de Heriberto Bens (Xerais, 1999) e Bretaña, Esmeraldina (Xerais, 2007). |
|
Sinopse:
“Pensa nao" escribiuna A. Angueira sen se aclimatar a nada. O que narra é froito do somergullo desde cativo na vida aldeá do largacío val de Laíño, nas súas brañas e campías, seguindo a abraiante liña azul do Ulla. Engádase a isto o poder fabulador dun escritor pouco prolixo, pero potente e eficaz, que se alimenta nos vestixios da memoria popular, no que as xentes da aldea de Manselle e a súa comarca lle contaron e nas cartas da emigración. O resultado é este exultante traballo creativo que nos reconcilia enteiramente coa literatura.A historia de Pensa nao é unha recreación ficcional dos sucesos acontecidos en Sernanselle desde o San Martiño do ano 35 ata xullo do 36. Puntuando a sucesión de acontecementos e o clima «in crescendo» da trama, as cartas de América.” |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Información Anxo Angueira.doc | 1.58 MB |