John Rutherford, académico honorario da Real Academia Galega O hispanista inglés John Rutherford, tradutor e divulgador da literatura española e galega no seu país, foi nomeado académico honorario na Real Academia Galega (RAG), despois de máis de medio século de vinculación profesional e afectiva a Galicia. |
Desde entón, a súa vida foi "unha peregrinaxe laica cara a unha comprensión do fascinante misterio que atopei na cultura galega", que trata de descifrar no seu discurso de entrada na RAG, titulado "Ou fermoso sorriso de Daniel", que fai referencia ao enigmático sorriso dunha figura do profeta no Pórtico da Gloria da catedral compostelá.
Viaxeiro infatigable e amante do camiño de Santiago, John Rutherford comentou que desde que chegou a Galicia sentiu auténtica fascinación pola súa cultura e, máis concretamente, polo seu sentido do humor e o especial xeito de entender a vida dos galegos.
Retranca
En Galicia "hai unha cultura popular moi profunda e un xeito de pensar que eu descoñecía" cando descubriu a costa de Lugo, que lle fixo quedar prendado da "finísima ironía", unha retranca "que non atopara en ningún sitio e difícil de entender para un inglés".
No seu país, "o sarcasmo é fácil, enseguida daste conta do que che queren contar", pero enfrontarse á retranca resulta "máis complicado, porque é máis intelixente, cústache saber o que che queren dicir, ou se che queren dicir algo", comenta Rutherford nun perfecto galego cun lixeirísimo deixe inglés.
En Galicia descubriu "o gusto de falar por falar" e que conversar é "un xogo". "Os ingleses somos máis pragmáticos", incluso no emprego da linguaxe, aclara.
Décadas envorcado na divulgación da cultura galega, Rutherford admite, con todo, que en Galicia non está suficientemente valorada a súa propia cultura, e móstrase como un firme defensor do idioma galego, "a expresión da identidade dun pobo que non pode perderse, temos que facer todo o que podamos" para evitalo.
As frechas de ouro é a primeira obra literaria escrita en galego por John Rutherford. Unha orixinal e persoal obra de ficción na que o autor percorre o Camiño de Santiago. O profesor Rutherford semella encontrarse ben nun galego que el arrequenta co humor fino e sarcástico da literatura inglesa, coa súa capacidade para relatar polo miúdo os aconteceres positivos e negativos dunha peregrinaxe que ten moito de viaxe iniciática ou rito de paso, e que constitúe tamén unha fonte de aprendizaxe sobre os lugares e a xente que o viaxeiro atopa. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá configuran unha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras. A experiencia do Camiño de Santiago que chega aos lectores e lectoras a través dunha ollada diferente, matizada polo humor e a ironía, e cun xeito de narrar nada convencional. |
Enlaces relacionados:
John Rutherford (hispanista) - Wikipedia, la enciclopedia libre
Galiciaé - John Rutherford, académico honorario de la Real Academia Galega
Manuel Rivas e o hispanista John Rutherford, honoris causa pola Universidade de A Coruña
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartel John Rutherford.pdf | 187.27 KB |