Skip to Content

Clausura do Club de Lectura de adultos 2023-2024 coa escritora María Rei Vilas

Clausura do Club de adultos 23/24 coa escritora María Rei Vilas

O Club de lectura de adultos clausurou as súas actividades do curso 2023/2024 coa presenza da escritora María Rei Vilas para conversar, cos asistentes a esta sesión, sobre o seu libro "Flores de Ferro".

"O xoves seis visitounos María Rei Vilas. O libro que viña a presentar e comentar "Flores de Ferro" é unha ledicia  e a súa presencia no IES de Valga, ao abeiro do Club de Lectura `Veigas de Campaña´, engrandeceu a lectura. Semella unha obra histórica, e ten historia, o percorrido pola Segunda República en Galicia e a posguerra, pero a trascende, porque nas súas páxinas parece que o tempo se detivo, decríbense os anos corenta e é como se agora estivemos aínda naquel padecer, non no sentido material, claro, senón espiritual. O espírito da obra é actual, ou non é actual o fascismo, e os mortos que aínda seguen nas cunetas, por iso é unha obra necesaria, ademais, claro, dos valores estéticos que alberga. É unha obra fermosa, ben levada, con ritmo, unha obra que te leva da man, como se ti estiveras tamén vivíndoa; as personalidades están ben trazadas, lle colles cariño a os personaxes cando os coñeces, cando a autora chos vai presentando, seres tenros, sensibles, e tamén duros, con forza. Hai de todo na novela, incluso unha receta para limpar as manchas no mármore. Unha tarde estupenda a que pasamos, a última do curso. Bo verán para tod@s."



page | by Dr. Radut