"O Club de lectura do IESP de Valga "Veigas de Campaña" vai acoller a visita de Maria Rei Vilas. Vai ser o xoves 6 de xuño as cinco da tarde na Biblioteca do IESP que, unha vez máis vístese coas mellores galas. Hai motivos. Tampouco imos caer no tópico dicindo o magnífica que é a obra, do necesaria que é a súa lectura e todos eses lugares comúns que se adoitan utilizar, non, máis ben imos dicir o oposto, si, pois é unha obra que non debe lela quen queira permanecer na ignorancia da recente historia de España e de Galicia, non, non debe lela quen pense que a posguerra civil non houbo miseria e represión, non, non debe lela quen pense que os corenta anos de ditadura foron corenta anos de paz, non, non debe lela quen pense que o machismo é cousa do pasado, non debe lela, en fin, os que non amen a beleza dun texto ben escrito e prefiran seguir coa cabeza agachada na arrogancia de pensar que xa o saben todo. Saúde"