Alumnado e profesorado do IES Valga xunto ao alcalde, concelleiras de Igualdade e Educación e outros membros da Corporación municipal, concentrámonos no recinto de entrada ao noso centro para dar lectura a tres textos literarios para condenar e lembrar que hai que seguir loitando contra este tipo de crimes e procurar a igualdade na sociedade. O acto rematou gardando un minuto de silencio en memoria de Elena, Sandra e Alba, veciñas do concello de Valga vítimas de violencia machista. Máis información neste enlace:
http://www.crtvg.es/informativos/concentracion-no-ies-de-valga-contra-aviolencia-machista-4184296