Skip to Content

Silvia Pérez de 2º Bacharelato na fase nacional da X Olimpíada de Xeoloxía

A alumna de 2º Bacharelato Silvia Pérez Vidal participa este fin de semana na X edición da Olimpíada de Xeoloxía que ten lugar, na súa fase nacional, no IES Universidad Laboral de Cáceres. A Olimpiada Española de Xeología é una competición académica centrada nos contidos de Ciencias da Terra e está promovida pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECT) en colaboración coa Sociedade Xeológica de España (SGE). Silvia Pérez vai participar nesta olimpíada despois de quedar 2ª Clasificada Provincial  na sede de Santiago o pasado 13 de febreiro, dentro da fase galega, e cunha participación de arredor de 330 estudantes de 4º de ESO e Bacharelato. Nesta, esperamos que exitosa, experiencia está acompañada pola profesora de Xeoloxía e Bioloxía Ana Bueno. Moita sorte e ánimos dende Valga!!!

 



page | by Dr. Radut