O alumnado de 3º ESO asistiu en Audiovisuais, o luns 29 de xaneiro, a unha sesión formativa sobre prevención da violencia de xénero nas relacións de parella na adolescencia. A charla “A violencia machista na relación de parella na mocidade” foi impartida por M.ª Ángelica Mercado Torres, mestra especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está incluída no Programa #365 días de respecto e igualdade incluído no Plan Proxecta+ 2023/24 da Secretaría Xeral da Igualdade, e foi organizada polo Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación.