O alumnado de 4º ESO asistiu na mañá do xoves 25 de xaneiro, en Audivisuais, a un Obradoiro sobre prevención da violencia de xénero. Esta actividade foi impartida por Joshua Alonso, membro da Dirección de Proxectos Educativos XéneroEduca do Grupo Koremi. Xénero educa propón proxectos educativos intervencionistas cos que pretende previr a violencia de xénero. Ao longo do obradoiro o alumnado puido saber ver, saber identificar, para que poidan reaccionar ante esta lacra social. A actividade enmarcada no Proxecta+ #Por365díasderespectoeigualdade, foi organizada polo Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación e Vicedirección.