Estas semanas temos no centro a exposición: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO...DILLE NON!", situada no corredor da planta baixa, e pode ollarse ata o vindeiro 2 de febreiro. Está incluída dentro das actividades do Proxecta+ #Por365díasderespectoeigualdade. É unha exposición gráfica ilustrada da Secretaría Xeral da Igualdade, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.
Tamén na rede: http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non
É unha actividade iniciativa do Equipo de Igualdade en colaboración co departamento de Orientación e Vicedirección.