O alumnado de 1º do CB Básico de Agroxardinaría e Composicións florais e de Ciencias da Terra e medioambientais de 2º de Bacharelato visitaron o xoves 6 de outubro a Base aérea helitransportada de Campiño, en Pontevedra. Recibiron información sobre o traballo que desenvolve o persoal da brigada encargada da prevención e extinción de incendios forestais e tamén sobre o funcionamento do helicóptero e as ferramentas utilizadas. Estiveron acompañados polas profesoras Lara García, Estefanía Calderón e Loli Rego.