As alumnas do 2º curso do Ciclo Básico de Agroxardinaría e Composicións Florais realizaron os días 12 e 13 de abril unha viaxe cultural a Coimbra. Nesta saída puideron coñecer o Museo de Ciencias Naturais e os Xardíns da Universidade, xunto a outros espazos emblemáticos desta cidade portuguesa como a súa Catedral. Foron acompañadas polas profesoras Iria Villar e Loli Rego.