Skip to Content

AULAS DE EMPRENDEMENTO: alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral"

AULAS DE EMPRENDEMENTO: alumnado do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral"

Para rematar as actividades do programa Aulas de Emprendemento, o alumnado de 1º e 2º do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais participaron nun "Obradoiro de Arte Floral", o martes 18 de xuño no noso centro.
O obxectivo do mesmo foi mellorar as súas habilidades profesionais, coa elaboración de composicións florais de nova tendencia con flores naturais e valorar a importancia de mellorar competencias como a iniciativa individual, a creatividade, motivación e o traballo en equipo, factores clave do perfil emprendedor.
Comentar que o resultado do seu traballo decorará o noso centro e os actos de graduación de Bacharelato e Ciclos Formativos deste curso, no que o grupo de 2º participará.
A persoa encargada de impartilo foi Miriam Iglesias Mondragón, florista especializada da empresa O forno Garden, empresa da nosa contorna e colaboradora na FCT do noso alumnado.
Esta actuación inclúese no Plan de Modernización de la Formación Profesional e está enmarcada na compoñente 20 –Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

AULAS DE EMPRENDEMENTO: produto final do "Obradoiro de Arte Floral"



page | by Dr. Radut