Skip to Content

Proxecto dinamización

IX Carreira pola Lingua

IX Carreira pola Lingua 

O xoves 16 de maio, a partir das 10:30 horas, celebraremos unha nova edición da "Carreira pola Lingua". Será a IX edición desta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e que se enmarca dentro das programadas na Semana das Letras Galegas. Participarán profesorado e alumnado do CEIP de Baño, do CEP Ferro Couselo e do noso Centro.

Teatro por un mundo sen fronteiras para o alumnado do 1º Ciclo da ESO

Alumnado do 1º Ciclo da ESO no teatro    Logo EDL

O mércores 5 de decembro o alumnado de 1º ciclo de ESO acudiu ao Auditorio de Valga para  asistir a un espectáculo baseado na obra teatral "O Valo" de Carlos Labraña, gañadora  do IX premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A obra, que foi representada pola compañía Xoré Teatro, é unha homenaxe aos máis de cinco millóns de persoas que tiveron que aboandonar o seu fogar a causa da guerra de Siria e buscar refuxio noutros lugares. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 
   

Alumnado do 2º Ciclo da ESO e 1º Bacharelato na obra de teatro "Pementeiras"

 Alumnado do IES Valga na obra de teatro "Pementeiras"  Logo EDL

 O día 23 de novembro o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato acudiu ao Auditorio de Valga para ver a obra de teatro "PEMENTEIRAS" da compañía XORÉ TEATRO. Con esta obra prenténdese potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino. A historia está contextualizada no traballo das pementeiras de Herbón, aínda que se pode extrapolar ao resto de mulleres galegas que traballan en explotacións gandeiras e agrarias para axudarlles a recoñecer o seu labor e deste xeito conseguir que sexa máis valorado pola sociedade e por elas mesmas. A actividade foi organizada polo Equipo de  Dinamización da Lingua Galega. 

                                                                                                  

 
   

VI Concurso de Fotografía

VI Concurso de Fotografía do EDL O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga convoca o VI Concurso de Fotografía. O tema nesta edición será libre. Poderán participar alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Valga. A data límite de entrega será o 15 de decembro

Logo EDL                                                                                                                                   

 
   

Celebrando o Samaín no IES Valga

samaín 208   Samaín 2018 "Historias de defuntos e outros asuntos" é o título do espectáculo que nos trouxo hoxe ao IES de Valga Brais das Hortas,actor da compañía Tropa de trapo. Un espectáculo moi axeitado para este Día de Samaín no que recrea lendas e contos tradicionais arredor do tema da morte. A esta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, asistiu alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato.

QUE DURMADES BEN ESTA NOITE!!!

Se queredes saber máis sobre esta tradición celta que se está a recuperar en Galicia ledeaquí :

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/   

logo EDL     

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut