Skip to Content

Actividades

Visita de profesorado do Lycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+

Os días 17 e 18 de xuño, luns e martes, o IES de Valga recibirá a visita de Antoine NOËL e David POIRON, dous profesores franceses do Lycée Eric Tabarly, que é unha escola profesional (equivalente á nosa Formación Profesional) situada na vila de Olonne-sur-Mer, na rexión de Países do Loira, pertencente ao distrito costeiro de Les Sables-d'Olonne, aproximadamente a 100 km ao sur de Nantes.

Este centro está interesado en colaborar co noso para levar a cabo un proxecto común dentro do programa Erasmus+, como por exemplo intercambio de alumnado para prácticas e visitas, realización de traballos en conxunto, visitas do profesorado, etc.

Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial. Premio FP INNOVA 2019

No seguinte vídeo temos o proceso de deseño e construción da "Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial" que se presentou na exposición FP INNOVA 2019 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Vídeo elaboración Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial

Noraboa tanto ao persoal de Gama e hijos coma ao profesorado e alumnado dos ciclos formativos de Fabricación Mecánica que participaron no proxecto e construción desta maqueta.

O IES Valga na exposición FP INNOVA 2019

Maqueta e construtores do proxecto INNOVA 2019

O IES de Valga participa na exposición FP INNOVA 2019, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio  no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Alí presentará o seu proxecto: “a Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial”, toda ela construída mediante impresión 3D.
Este proxecto, premiado na convocatoria de Premios a proxectos de innovación na FP innova 2019, foi realizado coa colaboración da empresa Gama e hijos SL e nela participaron tanto persoal de Gama e hijos coma profesorado e alumnado dos ciclos de Fabricación Mecánica.

Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial

Alumnado e profesorado de Ciclos visita a empresa Aimen en O Porriño

Alumnado e profesorado de Ciclos visita a empresa Aimen en O Porriño

O venres 3 de maio, un grupo de alumnos dos ciclos de Fabricaciòn Mecánica do noso centro visitou a empresa Aimen en O Porriño. Aimen é un centro de innovación tecnolóxica especializado en materiais e ensaios xunto a tecnoloxías de fabricaciòn, especialmente na innovación con tecnoloxía láser e robótica. Foron acompañados por algúns dos membros do profesorado deste departamento, encargado da realización desta actividade.

Alumnado de 1º Ciclo Superior de Construcións Metálicas en Navantia-Fene e Navantia-Ferrol

Alumnado de 1º Ciclo Superior en Navantia, Fene  Alumnado de 1º Ciclo Superior en Navantia, Fene   

O alumnado de 1º Ciclo Superior de Construcións Metálicas realizou unha visita a Navantia. Pola maña, visitou as instalacións de Navantia-Fene. Pola tarde,a quenda foi un percorrido polas diversas instalacións de  Navantia-Ferrol, factoria naval militar: a grada, os talleres de prefabricado,o  elaborado, os tubeiros e as turbinas. Nas fotografías podemos ollar ao alumnado cos jackets ou superestruturas da eólica mariña que se colocan nos campos de muíños en alta mar, e que están situados baixo a grúa pórtico de Navantia-Fene. Foron acompañados pola profesora Mercedes Calvelo.

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut