A profesora de portugués do IES de Valga, Olga López López, participou no programa de inmersión lingüística PIALE que consta de dúas fases: Unha primeira : de integración, consistente na inmersión na vida escolar dun instituto de secundaria público: Josefa de Óbidos de Lisboa durante o mes de novembro pasado. Na segunda fase do programa corresponde facer unha memoria, unha unidade didáctica con actividades . A UDI titúlase: “Lisboa coisa boa: Bora lá conhecer a cidade”. Aquí podes ver esta unidade. Ao seu regreso ao noso Centro informou aos seus compañeiros e ao alumnado da súa experiencia a través desta presentación en portugués, que podes ver. No Facebook do noso Centro e no xornal "La Voz de Galicia" do pasado sábado 30 de xaneiro aparece difundida a súa experiencia no PIALE. Neste enlace pódese ler as súas impresións. Ademais podes consultar as conclusións comparativas dos sistemas educativos portugués e galego neste documento.
|
||