Skip to Content

A experiencia do ensino do portugués no IES de Valga divúlgase na II Xornada Galega de Linguas Estranxeiras

A EXPERIENCIA DO ENSINO DO PORTUGUÉS  NO IES DE VALGA DIVÚLGASE NAS II XORNADA GALEGA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS CELEBRADAS O PASADO 14 /03/2015 NO PAZO DE CONGRESOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRESENTÁRONSE UNS VÍDEOS EN QUE TODO O ALUMNADO DE PORTUGUÉS DO CENTRO POR NIVEIS EXPLICA O QUE SUPÓN PARA ELES O PORTUGUÉS. Nestes enlaces podes ver os vídeos de 1º Bacharelato, 4º ESO e 3º ESO

 A profesora Olga López López e o profesor de apoio nativo Nelio Nunes Carvallho , que tamén comparte os centros Félix Muriel de Rianxo e Xelmírez I de Santiago de Compostela deron unha  charla sobre a experiencia no Ies de Valga co portugués como 2ª lingua estranxeira. Leva seis cursos consecutivos dende a súa implantación. Só son 33 en toda Galicia de momento.   Pero prevese un aumento no futuro coa aprobación da Lei Paz Andrade no Parlamento galego a pasado 19 de febrero de 2014 na que se impulsa a proxección internacional do idioma galego a través do portugués. Lingua e cultura moi próximas para os galegos, idioma de traballo de 20 organizacións internacioanis, incluída a Unión Europea, lingua oficial en 9 países e no territorio Macau, en China, entre elas figuran potencias  e economías emerxentes como Brasil, Angola… É a lingua máis falada no hemisferio sur.  Ten 220 millóns de falantes. Hai dúas semanas o presidente da Xunta de Galicia e o seu homólogo portugués Cavaco Silva asinaron un acordo para implantar de forma progresiva o portugués nos institutos galegos e creouse unha plataforma para empresarios galegos que queiran  emprender en países da lusofonía.

O ano pasado  preoparamos aos alumnos 1º de bacharelato para as probas do B1 (nivel intermedio ) na EOI de Vilagarcía con excelentes resultados. 90% de aprobados e con moi boas notas. Este ano seguiremos con esta experincia .

Viaxamos con varios centros de Galicia A Guimarães, Coimbra, Porto e Lisboa e este ano  iremos a  Madeira.

 Participamos nun Eramus AK1   xunto con outros centros de Galicia..

Colaboramos na elaboración dunha unidade didáctica plurilingüe (TIL) cuxo producto final foi a un xornal dixital .

 Aprender linguas abre acamiños e cantas máis mellor. Por que non portugués?

Invitámosvos a ver os vídeos nos que os alumnos do IES de Valga explican o que supón para eles esta elección. Os de 3º Eso sería nivel debutante, os de 4º ,Básico A2 e os de Bacharelato  intermedio e avanzado.

 
   


page | by Dr. Radut