Skip to Content

Complementarias

As “Xornadas de Convivencia e Emprendemento” abriron o curso escolar 2024/25 no noso centro

carteisxornadasemprendementosetembro2024

XORNADAS DE CONVIVENCIA E EMPRENDEMENTO
AULAS DE EMPRENDEMENTO 2024

Nas “Xornadas de Convivencia e Emprendemento” realizadas para abrir o novo curso académico 2024-25 no noso centro, foron impartidas diversas actividades formativas enmarcados dentro do programa “Aulas de Emprendemento”.
A finalidade de ditas actividades foi proporcionarlle ao alumnado ferramentas que potencien o desenvolvemento das habilidades e competencias para a mellora do seu futuro profesional, así como  fomentar o espírito emprendedor e potenciar a súa participación en novas ideas e proxectos colaborativos.
Tratouse dun total de doce obradoiros sobre temáticas diversas, como a comunicación, presentación de proxectos, traballo en equipo, “soft skills” para a mellora do futuro profesional, intelixencia emocional e habilidades sociais para o emprendemento.
Os destinatarios foron os distintos cursos dos CB de Fabricación e Montaxe e Agroxardinaría, CM de Soldadura e Caldeiraría, CM de Mantemento Electromecánico, CM de Xardinaría e Florería, CS de Construcións Metálicas , 1º e 2º de Bach e 4º ESO.
As actividades foron a cargo de  Verónica Rodriguez Ruzo e Cristina Gonzlez López, formadora e traballadora social Gestalt, da Consultora PROMOVE; Susana Pérez Crespo, consultora e formadora en Educación Socialmente responsable, Isabel Rodguez Bermúdez, docente e consultora de RRHH, e Xaquín Domínguez, actor e formador especializado en comunicación, da empresa Bével.
As actuacións foron organizadas pola responsable do Departamento de FOL, e inclúense no Plan de Modernización de la Formación Profesional e están enmarcadas na compoñente 20 – Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Actividades de fin de curso

Partido de voleibol nas actividades de fin de curso

O venres 21 de xuño tivo lugar no noso centro as actividades de fin de curso, onde se programaron, nas tres últimas horas lectivas da mañá, diversas competicións deportivas entre alumnado e profesorado. A xornada comezou, no ximnasio, coa final de badminton, entre os profesores Fran Senín e Avel Turnes contra os alumnos de 1º ESO A: Rubén Sanmarco e Martín Senín; continuou, no patio cuberto, co partido 3x3 de baloncesto e, finalizaron estas competicións, cun partido de voleibol. Completouse esta xornada lúdica coa entrega de premios destas competicións deportivas xunto ao do Torneo de Xadrez desenvolto durante este curso na Biblioteca. Sinalar que no torneo de xadrez o 1º premio na categoría 1º e 2º ESO foi para Daniel Jamardo de 1º ESO e o 2º premio para Adela Portas de 2º ESO, mentres na categoría de 3º ESO en adinate o 1º premio foi para Diego Comparada de 4º ESO e o 2º premio para Jesús M. Lafuente de 4º ESO. Finalizou a mañá coa actuación do alumnado de 4º ESO que aproveitou para celebrar a súa graduación. Ademais houbo pinchos ofrecidos pola ANPA que colaborou coa Vicedirección para que esta festa fin de curso fora posible.

Actuación da graduación alumnado 4º ESO 2024

Partido de baloncesto 3x3 actividades fin de curso

Final de badminton no ximnasio

 

Finaliza o Torneo de Xadrez 2023-2024

                            Partidas finais do Torneo de Xadrez 2023/24

O Torneo de Xadrez deste curso chegou ao seu final coas partidas da última ronda. O torneo celebrouse semanalmente durante os recreos dos martes na Biblioteca. Foi organizado polo departamento de Matemáticas. O vindeiro venres 21 de xuño e coincindo coas actividades de remate do final de curso, está previsto a entrega de premios. Parabéns aos participantes e a organización!!!.

Alumnado de 1º ESO e 3º ESO visitan a illa de Cortegada e Carril nunha actividade do programa TEI

alumnado do TEI de 1º e 3º ESO en Carril, Vilagarciía de Arousa

O luns 27 de maio, o alumnado de 1º e 3º ESO realizou unha saída didáctica á illa de Cortegada e Carril, Vilagarcía de Arousa. Nesta visita guiada puideron coñecer a paisaxe carrileña cun roteiro pola illa de Cortegada, pertencente ao Parque Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ademais de aprender diversos aspectos do labor do marisqueo que realizan en Carril. A actividade foi organizada dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI). Foron acompañados polo profesorado Isolina Salgado, Conchi Paz, Mar Tejero, Paula Fernández, Avel Turnes, Martín Basaco e Iris Cochón.

Alumnado do TEI de 1º e 3º ESO en Carril, Vilagarciía de Arousa

 

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024

Logo EDLG O día 16 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024, homenaxeando á escritora Luísa Villalta. As actividades programadas comezaron cunha xincana literaria e de movemento, arredor da figura da escritora coruñesa. As probas tiveron lugar na Biblioteca e continuaron no Ximnasio; nelas participou, formando equipos, alumnado do  CEIP de Baño e CEP X. Ferro Couselo xunto ao do noso centro.

Tras esta actividade, os actos pasaron ao patio cuberto onde houbo a lectura do "Manifesto da Lingua" xunto coa lectura de diferentes poemas intercalados con actuacións musicais, interpretadas polo alumnado do X. Ferro Couselo, do alumnado de Música e do Coro do noso centro, dirixidos polo profesor Ismael Cabaleiro. O acto contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Vicedirección e o departamento de Música.
Máis información picando neste enlace e máis fotografías do acto picando aquí.

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024

 

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut