O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO asistiu, durante a mañá do martes 14 de febreiro, na aula de Audiovisuais a unha serie de charlas preventivas incluídas dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. En sesión dunha hora lectiva, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado de 1º ESO como detectar, e actuar en casos de acoso escolar. Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO coñeceu, entre outros contidos, como detectar, e actuar en casos da violencia de xénero ou fomentar as relacións sanas.
O alumnado de 4º ESO soubo das especialidades da Garda Civil e aspectos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e, finalmente, o alumnado de 2º ESO foi informado sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e as drogas.
A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.
Complementarias
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »