Skip to Content

Complementarias

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Plurilingüe Valga

25-N 2022 na Biblioteca

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Plurilingüe Valga celebrou, neste día, un acto para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social. A Biblioteca foi o escenario da actividade programada: un vídeo para contextualizar este día,a lectura dun manifesto e un minuto de silencio polas vítimas desta lacra social. O acto contou co acompañamento musical do alumnado de Música de 4º ESO dirixidos polo profesor Manuel Villar, que interpretaron varias pezas musicais e tamén da profesora de Canto da Escola Municipal de Música de Valga, Anna Melikhova que, ao piano, acompañou a alumna de 1º Bacharelato Alba Manni de los Santoa na súa interpretación de "Lela". A actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade e tamén colaboraron o Equipo da Biblioteca, os departamentos de Ed. Plástica e Música xunto a Vicedirección.
O acto tamén serviu para dar os premios do III concurso literario convocado pola Biblioteca contra a violencia machista "ARMADAS DE RAZÓN". En relación a este concurso literario, tivo lugar a lectura dos textos por parte das súas premiadas.
Resultaron gañadores deste concurso: Ximena Socastro Saborido, de 2º ESO A e Saray Suárez Hermida de 1º CB Agroxardinaría (1º e 2º premio da categoría 1º e 2º ESO e 1º e 2º Ciclo Básico respectivamente); Helena Castaño Ordóñez de 3º B e Yara Franco Castro, de 4º A (1º e 2º premio na categoría: 3º e 4º ESO e FP de Ciclo Medio); Lorena González Casal e Daniela González Isorna de 1º Bacharelato B (1º e 2º premio da categoría 1º e 2º Bacharelato e FP Ciclo Superior) e por último na categoría de adultos só houbo un 1º premio, quedando o 2º premio deserto, sendo o gañador: José Benito Cores Rañó, alumno de 2º Ciclo Medio de Soldadura e Calderaría Dual. Todas as premiados e premiado recibiron un vale para a cafetaría do noso centro ou para a librería Cativos. Parabéns ás gañadoras!!!

Participantes n acto 25-N 2022

Premiadas concurso lietario 25-N "Armadas de razón"

Máis imaxes deste día picando neste enlace

Celebramos o Magosto

         Magosto 2022

O luns 7 de novembro, nas horas lectivas da tarde, celebramos un Magosto. A degustación de castañas xunto cun campionato de brilé centraron as actividades dunha xornada de diversión da comunidade educativa do Centro. 

Magosot 2022

Coloquio con Víctor Freixanes e Eduardo Maragoto na Biblioteca do noso Centro

Coloquio venres 8 de abril 2022

O venres 8 de abril, e nas dúas últimas horas lectivas da mañá, contaremos co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e da Associação Galega da Língua, Eduardo Maragoto, que participarán nun coloquio que terá como título: “O galego na lusofonía: oportunidades e estratexias”. O acto será na Biblioteca do noso Centro e nela estará presente o alumnado de 1º e 2º Bacharelato.

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2022

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2022

No primeiro recreo do venres 1 de abril, tivo lugar a entrega de agasallos para os gañadores e participantes no Torneo de Xadrez por parte do profesorado organizador desta competición. O acto iniciouse coas palabras de José María Barca, profesor de Matemáticas, e Víctor González, un dos profesores encargados da Biblioteca, agradecendo a participación do alumnado e tamén da colaboración dos profesores Ismael Pan e Fernando Regueira; despois tivo lugar a entrega de premios aos tres primeiros clasificados nas dúas categorías (ESO-Bach e Ciclos) e o sorteo de dous vales entre o alumnado participante. O acto finalizou coa celebración dunha partida de exhibición entre os segundos clasificados do alumnado da ESO e Bacharelato e do Ciclos.
Parabens!!! á organización e ao alumnado participante, desexando que esta actividade siga tendo continuidade no vindeiro curso.

premiados Torneo Xadrez 2022

 

Sara Rodríguez e Noa Piñeiro, alumnas de 2º Bacharelato, participan na XIII Olimpíada de Geografía de España

Sara e Noa de 2º Bacharelato participantes na XIII Olimpíada Geografía de España

Sara Rodríguez Gómez e Noa Piñeiro Caamaño, alumnas de 2º Bacharelato participan entre o venres 1 e o sábado 2 de abril na fase final estatal da XIII edición da Olimpíada de Xeografía de España, que volve a ser en formato presencial, e que terá lugar en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid). Desexámoslles moita sorte!!!! e que disfruten desta experiencia xunto a alumnado doutras comunidades españolas.

Distribuir contido


by Dr. Radut