O luns 21 de marzo, no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, o profesor Franscisco Javier López González, do Departamento de Enxeñaría Forestal da Escola Politécnica Superior do Campus Universitario de Lugo, impartiu para o alumnado de 4º de ESO a charla: "Leonardo, a representación gráfica das súas ideas". O poñente levou a recoñecer, a partir de Leonardo, a importancia que a representación gráfica das ideas tivo e está a ter para a historia da humanidade, forma de comunicación que está na base de moitos dos estudos superiores que o noso alumnado pode chegar a cursar e que son a base de avances tecnolóxicos e económicos para a sociedade.
A actividade tivo lugar na Biblioteca e foi organizada polos departamentos de Matemáticas e Educación Plástica e Visual.