Skip to Content

Actividades de final do primeiro trimestre

Cartoons

O xoves 22 de decembro tiveron lugar no noso centro diferentes actividades como limiar das vacacións do Nadal e remate do primeiro trimestre. A mañá comezou cun Torneo de Xadrez na Biblioteca, no que participaron 18 estudantes de diferentes niveis. O gañador foi Rodrigo Vidal de 2º Bacharelato, seguido de Xián Bouzón de 1º Bacharelato e Siro Castro de 3º ESO. Xa na 2ª hora da mañá houbo polas aulas unha animación musical do Nadal a cargo do alumnado de Música de 4º ESO co seu profesor Manuel Villar.
Unha das actividades máis esperadas foi a que tivo lugar nas horas centrais da mañá coa inauguración das canastras no patio cuberto, cortando a cinta o director, Eliseu Mera, e a alumna de 4º ESO, Laura Lorenzo. A continuación, e con moita animación nas bancadas, tivo lugar un disputado encontro de baloncesto entre o equipo do profesorado e o alumnado, co triunfo pola mínima para o profesorado.
Despois tocou a hora de repoñer forzas cunha chocolatada, xentileza da ANPA. E tras ese paréntese, finalizamos coa representación, no patio cuberto, do espectáculo teatral “Cartoons” de Producións Teatrais Excéntricas e Teatro de Adro, a cargo dos actores Víctor Mosqueira e Josito Porto. Os seus personaxes, pallasos, viven rodeados de cartóns e arredor deles desenvólvese a obra, a cal ten como eixe central a reciclaxe, unido a outros temas como a amizade, a solidaridade, a hixiene ou a importancia do exercicio físico. Foi un formidábel colofón para esta  maratoniana mañá de actividades. Bo Nadal!!! a toda a comunidade educativa do noso centro.

Inauguración das canastras

Equipo alumnado

Equipo profesorado

 Rodrigo Vidal gañador do Torneo de Xadrez

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Chocolatada

Alumnado de Música 4º ESO

Máis fotografías desta actividades picando neste enlace.



page | by Dr. Radut