Os últimos días do mes de outubro serviron para ambientar o noso centro cara á celebración do Samaín. Xunto á decoración de aulas e outros espazos como a Biblioteca, o mércores 30 de outubro e co gallo desta celebración, o alumnado de Música de 4º ESO B, xunto a súa profesora Ilda Luaces, animou as aulas coa súa música e bailes. Ademais o alumnado de 1º e 3º ESO celebrou o Samaín dentro do programa TEI, cunha actividade titulada: "Relatos terroríficos do Samaín", organizada polo programa de Titoría entre Iguais (TEI); nesta actividade o alumnado de 3º ESO, dividido en grupos espallados por dez espazos diferentes do noso centro, contou relatos de terror ao alumnado de 1º ESO.