O xoves 14 de novembro e na Biblioteca, o alumnado de 1º e 2º do Bacharelato de Ciencias asistiu á conferencia "Observando o Universo", impartida pola Dra. Begoña Vila Costas, astrofísica e enxeñeira Principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA. Tamén estivo presente, como convidado ao acto, o alumnado de Ciencias de Bacharelato do IES Macías o Namorado de Padrón. A actividade foi posible pola participación de Begoña Vila no XXXVII Congreso ENCIGA que se celebra no noso centro do 14 ao 16 de novembro.