Skip to Content

Alumnado de 2º do CS de Construcións Metálicas participou nun "Obradoiro de Oratoria" dentro das Aulas de Emprendemento

Logo

Alumnado de 2º Ciclo Superior de COME no "Obradoiro de oratoria e presentación de proxectos"

Seguindo coas actividades enmarcadas nas Aulas de Emprendemento, o alumnado de 2º de CS de Construcións Metálicas tivo a oportunidade de participar nun "Obradoiro de Oratoria e presentación de proxectos", o luns 27 de maio de 2024.
A xornada comezou cunha dinámica de grupo, co propósito de afianzar a confianza, identificar o seu estilo e controlar as emocións e a comunicación verbal e non verbal. Posteriormente viron as claves máis importantes para unha comunicación efectiva, aumentar a seguridade ao falar en público e  fortalecer as súas habilidades, para mellorar a calidade das súas presentacións para expoñer proxectos con éxito.
A relatora foi Verónica Rodríguez Ruzo, da Consultora PROMOVE, proxectos e persoas, empresa galardonado con distintos premios como o Manuel Beiras como recoñecemento ao esforzo normalizador  no uso do galego e o premio de RSE Galicia, de recoñecemento a boa práctica no eido da conciliación e  a igualdade laboral, entre outros.
Esta actuación inclúese no Plan de Modernización de la Formación Profesional e está enmarcada na compoñente 20Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Alumnado de 2º Ciclo Superior de COME no "Obradoiro de oratoria e presentación de proxectos"



page | by Dr. Radut