Skip to Content

Actividades

OBRADOIRO DE ECONOMÍA SOCIAL E COOPERATIVISMO 2021

Dentro das actividades complementarias o Departamento de Formación e Orientación Laboral organizou un obradoiro sobre a economia social e Cooperativismo para os grupos de 2º dos Ciclos Formativos.
Os obxectivos da mesma son achegar ao alumnado á economía social e valorar a súa importancia, dar a coñecer as características e particularidades da mesma e as figuras que hai en Galicia, amosar as alternativas de emprego na economía social e do emprendemento colectivo en empresas laborais e cooperativas, sobre todo as de traballo asociado e xuvenís e coñecer os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo. Desenvolveráse este vindeiro luns 15 de novembro, en horario de 16:30 a 18:10 horas, na Aula Técnica 1 e os destinatarios serán:
2º de CS de Construcións Metálicas, réxime ordinario de mañá.
2º de CM de Soldadura e Caldeiraría, réxime ordinario de mañá.
2º de CM de Soldadura e Caldeiraría, réxime de dual de tarde.
2º de CM de Soldadura e Caldeiraría, réxime de adultos de tarde.
A actividade será a cargo da consultora, investigadora e formadora de Abeluria, cooperativa para a economía social, e presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop: Ana Olveira Blanco.

Cartel Obradoiro Economía Social Cooperativismo Ciclos 2021

Xornada-taller sobre deseño e impresión en 3D no IES Valga

XORNADA DE EMPRENDEMENTO: APLICACIÓN DA IMPRESIÓN 3D AOS PROCESOS INDUSTRIAIS
O Departamento de FOL en coordinación co Departamento de Fabricación Mecánica organizou unha xornada-taller sobre deseño e impresión en 3D.
O obxectivo da mesma é dobre: por unha banda coñecer as posibilidades e aplicacións do deseño e impresión en 3D e a súa integración na actividade industrial e por outra banda fomentar o emprendemento.
Será a cargo de Álvaro Rey Rodríguez CEO de MakerGal, empresa de base tecnolóxica fundada por él, con experiencia no sector desenvolvendo proxectos, como a impresora Mendel Max XL e o Marco P3steelV4, así como proxectos innovadores a medida e en colaboración con diversas entidades e centros educativos participando con eles en eventos como o Innova FP .
A xornada desenvolveráse o vindeiro mércores 03 de novembro, no laboratorio-taller en dous talleres:
Un de mañá de 08.45 a 10.45 para os grupos de 2º de CM de Soldadura e Caldeiraría e 2º de CS de Construcións Metálicas.
E outro de tarde para os grupos de 2º de Soldadura e Caldeiraría en réxime de dual e de adultos e para 1º do CM de mecanizado dual.

Xornada-taller sobre impresión 3D

Alumnado de Ciclos, 4º ESO e Bacharelato da materia de Economía asisten a unha charla sobre Emprendemento

Charla sobre Emprendemento en Audiovisuais

 O mércores 22 de xaneiro e na Aula de Audiovisuais, alumnado de 2º Ciclo Medio de Soldadura e Calderaría, 2º Ciclo Superior de Construcións Metálicas, 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato da materia de Economía, asisitiron á charla "Emprendemento e visibilidade na Internet. Da marca ás redes sociais." Esta interesante charla enmarcarse dentro do programa "A Ponte" e foi impartida polo profesor da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias  da Comunicación da USC, José Sixto García, o cal contou, nunha amena e didáctica conferencia, a importancia da visibilidade da marca na internet. A actividade foi organizada polo departamento de FOL coa colaboración do departamento de Economía.

Obradoiro Primeiros Auxilios

                                              

Os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos de Fabricación Mecánica e dos P.C.P.I.  partiparon no obradoiro de primeiros auxilios impartido en colaboración con Cruz Vermella.

Partindo da definición do método P.A.S. , o relator amosou os pasos a seguir ante un accidente.

Os alumnos e alumnas realizaron prácticas de R.C.P..

 

Curso 2010-2011

Para ver as actividades do departamento  consultar o arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut