Skip to Content

Actividades

Xornadas de achegamento á economía social para alumnado de 2º de CM de SOCA e de Mecanizado

2º de CM de Soldadura e Caldeiraría

O 15 de novembro celebrouse a primeira das “Xornadas de achegamento á economía social”  organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral.
O  obxectivo principal é  facer fincapé nas vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa e das sociedades laborais como modelo empresarial máis axeitado para emprender na actualidade, dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo e achegar experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.
A actividade que tivo lugar nas instalacións do noso centro en horario de 16.00 a 18.00 horas,  tivo como destinatarios aos grupos de  2º de CM de Soldadura e Caldeiraría, de réxime Dual e modular e 2º de CM de Mecanizado, de réxime Dual.
A relatora foi  Ana Olveira Blanco, cooperativista en Abeluria Coop, entidade socia da  Rede Eusumo, Economía Social de Galicia;  investigadora do Centro de Estudos Cooperativos da USC e presidenta de Espazocoop Unión de Cooperativas.

Xornadas economia social

Alumnado de 1º de Ciclos asiste a un Taller teórico práctico de primeiros auxilios

Alumnado de 1º Ciclos no Taller teórico práctico de primeiros auxilios

O mércores,  01 de xuño de 2022  vén de celebrarse un taller teórico práctico de primeiros auxilios para o alumnado de 1º dos Ciclos Formativos de Soldadura e Caldeiraría e de Construcións Metálicas.
O obxectivo do mesmo foi proporcionar  coñecementos básicos de primeiros auxilios, que o alumnado identifique situacións críticas, siga os principios xerais de actuación e adquira destrezas e habilidades na prestación básica de primeiros auxilios e en particular, no que se refire ás medidas do soporte vital básico.
A actividade, foi organizada polo Departamento de Formación e Orientación Laboral en colaboración co Servizo de Emerxencias de Valga, e foi a a cargo de  José Antonio Vidal Romero, bombeiro e instructor de Servizos de Emerxencias Sanitarias e Alberto Otero Miguéns. militar e voluntario de Protección Civil de Valga.

Alumnado de 1º Ciclos no Taller teórico práctico de primeiros auxilios

Nova sesión das xornadas de prevención de riscos laborais no sector do metal

Alumnado de Ciclos nas xornadas sobre prevención de riscos laborais

O martes 05 de abril, en horario de 16.30 a 18.00, impartiuse a segunda sesión das Xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector do metal, organizadas polo Departamento de  Formación e Orientación Laboral. Na mesma, deuse a coñecer as funcións e servizos da entidade colaboradora, Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas  de Pontevedra (ASIME), e estivo centrada na identificación dos riscos laborais específicos do sector, así como os dereitos e obrigas laborais nesa materia e a concienciación sobre a importancia de emprego das mesmas. Puideron tamén ver unha mostra de algúns  EPIs e aparatos medidores ambientales como os sonómetros.
Foi impartida por David Lagoa  Costa, Enxeñeiro Técnico e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, do servizo de prevención mancomunado de ASIME,  e tivo como destinatarios ao alumnado de formación profesional dos grupos de 1º de CM de Mecanizado Dual, 1º de CM de Soldadura e Caldeiraría Dual e Adultos e  2º de M de Soldadura e Caldeiraría Adultos.

Alumnado de Ciclos nas xornadas sobre prevención de riscos laborais

Xornadas de prevención de riscos laborais no sector do metal no noso centro

Alumnado de Ciclos nas xornadas sobre prevención de riscos laborais

O xoves, 31 de marzo vén de celebrarse a primeira sesión das Xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector do metal. As sesións son a cargo de persoal Técnico de Prevención de Riscos Laborais da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Pontevedra (ASIME), e encádrase dentro das actividades complementarias á formación organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral.
O obxectivo é, por unha banda, coñecer as funcións e recursos da asociación, e principalmente,
identificar os riscos laborais específicos do sector, así como as medidas de prevención e protección e a concienciación sobre a importancia do emprego das mesmas.
A primeira sesión, celebrada en horario de 13.00 a 14.30, que foi impartida por Purificación Martínez Cobas, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais do Servizo de Prevención Mancomunado de ASIME, tivo como destinatarios ao alumnado de formación profesional dos grupos de  1º de CS de Construcións Metálicas, de réxime ordinario e 1º de CM de Soldadura e Caldeiraría, de réxime ordinario.

Alumnado de Ciclos nas xornadas sobre prevención de riscos laborais

Alumnado de Ciclos asiste a un Obradoiro sobre a Economia Social e Cooperativismo

Obradoiro sobre economia social

O luns 15 de novembro, alumnado do 2º curso dos distintos niveis de Ciclos Formativos do noso Centro asisitiu a un Obradoiro sobre sobre a Economia Social e Cooperativismo. Con esta actividade o alumnado puido coñecer entre outros obxectivos:  a importancia da economía social e amosar as alternativas de emprego da mesma, así como do emprendemento colectivo en empresas laborais e cooperativas, sobre todo as de traballo asociado e xuvenís, ademais de coñecer os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo. O obradoiro foi impartido por Ana Oliveira, consultora, investigadora e formadora de Abeluria, cooperativa para a economía social, e presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop. Foi organizado polo departamento de FOL.
Alumnado de Ciclos no Obradoiro de Economía Social

Distribuir contido


by Dr. Radut