O xoves, 31 de marzo vén de celebrarse a primeira sesión das Xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector do metal. As sesións son a cargo de persoal Técnico de Prevención de Riscos Laborais da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Pontevedra (ASIME), e encádrase dentro das actividades complementarias á formación organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral.
O obxectivo é, por unha banda, coñecer as funcións e recursos da asociación, e principalmente,
identificar os riscos laborais específicos do sector, así como as medidas de prevención e protección e a concienciación sobre a importancia do emprego das mesmas.
A primeira sesión, celebrada en horario de 13.00 a 14.30, que foi impartida por Purificación Martínez Cobas, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais do Servizo de Prevención Mancomunado de ASIME, tivo como destinatarios ao alumnado de formación profesional dos grupos de 1º de CS de Construcións Metálicas, de réxime ordinario e 1º de CM de Soldadura e Caldeiraría, de réxime ordinario.