Skip to Content

Actividades

"Curso de prevención de riscos no sector metal" para alumnado de Fabricación Mecánica

                        Curso prevención de riscos 24/10/23

O martes 24 de outubro terá lugar un curso de prevención de riscos no sector metal co uso das amoladoras.
Será impartido e certificado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e terá dúas edicións, unha na quenda de mañá en horario de 09.00 a 13.30 para os grupos de 1º de CM de Soldadura e Caldeiraría e 2º de CS de Cosntrucións Metálicas e outra será de  16.00 a 20.30 para os grupos de 1º e 2º de CM de Soldadura e Caldeiraría Dual.
No mesmo abordarán os riscos asociados así como as causas dos accidentes que se  poden producir no uso das amoladoras, para así concienciar da importancia da toma de precaucións en relación aos discos a empregar e á selección dos EPIS para cada tarefa.

Charla-Obradoiro de Primeiros Auxilios para alumnado de 4º ESO e Ciclos Básicos

Taller Primeiros Auxilios 4º ESO A e CB SOCA  na Biblioteca

O alumnado de 4º ESO e Ciclos Básicos de Formación Profesional asistiu a unhas charlas-obradoiro de Primeiros Auxilios, impartidas polo Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do concello de Valga e polas profesoras Esther de Andrés e Mar Tejero. Nelas pretendíase achegar ao alumnado a formación necesaria para poder prestar primeiros auxilios en caso de urxencia. A charla estivo dividida en dúas partes, unha teórica e outra práctica. Nela tratáronse temas como: a aplicación da reanimación cardio pulmonar (RCP), a actuación frente a hemorraxias, queimaduras, fracturas e feridas en xeral, así como a súa abordaxe tanto na vida profesional como persoal do alumnado. Esta actividade tivo lugar na Biblioteca do noso centro. A actividade foi organizada polo departamento de FOL en colaboración co departamento de Educación Física.

Taller Primeiros Auxilios 4º ESO A e CB SOCA  na Biblioteca

Alumnado de 1º de Ciclos de Soldadura e Calderaría e Construcións Metálicas realizou un taller teórico práctico de Primeiros Auxilios

Alumnado de 1º Ciclos SOCA e CS no taller de Primeiros Auxilios

O luns 27 de febreiro desenvolveuse un taller teórico práctico de primeiros auxilios para o alumnado de 1º dos Ciclos Formativos de Soldadura e Caldeiraría e de Construcións Metálicas, en réxime ordinario, dual e adultos, en horario de 16.30 a 18.30.
A finalidade foi proporcionar coñecementos básicos de primeiros auxilios, que identifique situacións de emerxencia e mellore as súas destrezas na aplicación das mesmas. Por outra banda, aproveitouse a xornada para amosar o desfibrilador adquirido polo centro e difundir o protocolo do soporte vital básico e instrucións de uso do mesmo.
A actividade, foi organizada polo Departamento de Formación e Orientación Laboral e o profesorado do grupo de traballo que está a formarse e traballar en relación coas posibles situación de emerxencia e protocolos para as mesmas no centro educativo, desenvolvendo a mesma coa colaboración de Purificación Martínez Cobas, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais de ASIME.
Alumnado de 1º Ciclos SOCA e CS no taller de Primeiros Auxilios

Obradoiros de achegamento á Economía Social para alumnado de 2º de CM de SOCA e 2º de CS de Construcións Metálicas

Xornadas de Economía Social para alumnado de CM e CS

Este pasado 28 de novembro vense de celebrar a segunda  das “Xornadas de achegamento á Economía Social”  organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral.
O  obxectivo destas xornadas é coñecer outras formas de emprender, coa creación de empresas de Economía Social, fundamentadas  na primacía das persoas e o fin social frente ao capital, e nas que os beneficios da actividade retornan ás persoas integrantes.
Puideron comprender o funcionamento das empresas que forman parte da Economía Social, como as de inserción, centros especiais de emprego,.....e outras, facendo especial fincapé nas particularidades da fórmula cooperativa e das sociedades laborais como modelo empresarial máis axeitado para emprender na actualidade, con vantaxes e axudas específicas para elas, ademáis de achegarse a experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.
A actividade, que tivo lugar na aula de Informática, en horario de 09.35 a 11.15 horas,  tivo como destinatarios aos grupos de  2º de CM de Soldadura e Caldeiraría e 2º de CS de Construcións Metálicas, ámbolos dous de  réxime ordinario, que estiveron acompañados polas súas profesoras Yolanda Carbia e Nuria Casal.
A relatora foi  Ana Olveira Blanco, da  Rede Eusumo, Economía Social de Galicia, da que forma parte como cooperativista en Abeluria Coop, empresa que naceu coa misión de impulsar e consolidar entidades e proxectos de economía social nomeadamente cooperativas, sociedades laborais e asociacións con actividade económica. É ademáis  investigadora do Centro de Estudos Cooperativos da USC e presidenta de Espazocoop Unión de Cooperativas.
Xornadas de Economía Social para alumnado de CM e CS

Alumnado de 2º de Ciclo Superior e Ciclo Medio visitaron as instalacións da sede central de Aluminios Cortizo

Alumnado de 2º CS e CM na sede central de Aluminios Cortizo

O xoves 17 de novembro,  tivo lugar a visita de dous grupos de 2º de CS de Construcións Metálicas e 2º CM de Soldadura e Caldeiraría ás instalacións da sede central de Aluminios Cortizo en Extramundi-Padrón.
Na mesma, foron guiados por Manuel Santiago e Antón García Cristobo, Responsable e Técnico do Departamento de  formación e captación de talento respectivamente.
O alumnado puido coñecer o proceso completo do ciclo  do aluminio, dende as fases de  fundición e extrusión de materia prima ata a súa materialización en produtos para diversos sectores, rematando cunha exposición dos mesmos no showroom que a empresa ten na área de I+D+I. O alumnado foi acompañado polas profesoras Yolanda Carbia e Nuria Casal. A actividade foi organizada polo departamento de FOL.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut