Skip to Content

Obradoiros de achegamento á Economía Social para alumnado de 2º de CM de SOCA e 2º de CS de Construcións Metálicas

Xornadas de Economía Social para alumnado de CM e CS

Este pasado 28 de novembro vense de celebrar a segunda  das “Xornadas de achegamento á Economía Social”  organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral.
O  obxectivo destas xornadas é coñecer outras formas de emprender, coa creación de empresas de Economía Social, fundamentadas  na primacía das persoas e o fin social frente ao capital, e nas que os beneficios da actividade retornan ás persoas integrantes.
Puideron comprender o funcionamento das empresas que forman parte da Economía Social, como as de inserción, centros especiais de emprego,.....e outras, facendo especial fincapé nas particularidades da fórmula cooperativa e das sociedades laborais como modelo empresarial máis axeitado para emprender na actualidade, con vantaxes e axudas específicas para elas, ademáis de achegarse a experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.
A actividade, que tivo lugar na aula de Informática, en horario de 09.35 a 11.15 horas,  tivo como destinatarios aos grupos de  2º de CM de Soldadura e Caldeiraría e 2º de CS de Construcións Metálicas, ámbolos dous de  réxime ordinario, que estiveron acompañados polas súas profesoras Yolanda Carbia e Nuria Casal.
A relatora foi  Ana Olveira Blanco, da  Rede Eusumo, Economía Social de Galicia, da que forma parte como cooperativista en Abeluria Coop, empresa que naceu coa misión de impulsar e consolidar entidades e proxectos de economía social nomeadamente cooperativas, sociedades laborais e asociacións con actividade económica. É ademáis  investigadora do Centro de Estudos Cooperativos da USC e presidenta de Espazocoop Unión de Cooperativas.
Xornadas de Economía Social para alumnado de CM e CS



page | by Dr. Radut