Skip to Content

AULAS DE EMPRENDEMENTO: Taller de soft skills para o alumnado 1º CM de Soldadura e Caldeiraría

logo aulas de emprendemento

Taller de soft skills para o alumnado de 1º do CM de Soldadura e Caldeiraría

O mércores 22 de maio, o alumnado de 1º curso do CM de Soldadura e Caldeiraría tivo a oportunidade de participar nun Obradoiro de Soft Skills baixo o título “Queres mellorar o teu futuro profesional?”, enmarcado dentro do programa Aulas de Emprendemento.
Os obxectivos desta actividade foron reforzar as denominadas habilidades brandas, identificar as distintas competencias sociais que contribúen á mellora profesional e son moi valoradas tanto no mundo laboral como empresarial e desenvolver e fortalecer habilidades interpersoais, técnicas e de comunicación, combinación que lles será de axuda para avanzar nas súas carreiras profesionais, tanto se traballan por conta allea como propia.
A relatora foi Mª Isabel Rodríguez Bermúdez, consultora, con amplia experiencia en empresas do sector do metal da contorna e docente no eido do emprendemento e na formación laboral. Esta actuación inclúese no Plan de Modernización de la Formación Profesional e está enmarcada na compoñente 20 – Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Alumnado 1º CM SOCA no taller de soft skills



page | by Dr. Radut